Saltar ao contido

Liga ARC

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaLiga ARC
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deporteremo en traiñeiras Editar o valor en Wikidata
Liga superiorLiga San Miguel Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata

A Liga ARC (Asociación de Remo do Cantábrico) é unha liga de remo en banco fixo na que compiten clubs de Euskadi, Cantabria e Asturias, esta última dende 2009. Un total de 29 clubs e máis de 500 remeiros forman parte da liga para a tempada 2010. Situada por baixo da Liga San Miguel, é a categoría de prata do remo xunto coa Liga Galega de Traiñeiras (LGT). Serve ao igual que a primeira para apoiar e impulsar unha disciplina deportiva do remo que forma parte da historia das nacións da cornixa cántabro-atlántica do Norte da Península Ibérica.

O 29 de marzo de 2006 constituíuse en Bilbao formalmente a Asociación de Remo do Cantábrico (ARC), unha entidade privada titular da Liga ARC®. Seis persoas físicas, representantes (a razón de dous por provincia) de clubs de remo que interviñeron no proceso constituínte, actuaron como socios fundadores. Nesa data materializábase o proxecto creado por e para clubs de Cantabria e Euskadi. Trala constitución da asociación, a totalidade dos clubs de remo que participaran no proceso de posta en marcha do proxecto decidiron sumarse formalmente ao mesmo mediante a correspondente adscrición á ARC.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Ano Clubs Gañador Segundo Terceiro
200612San Pedro (127)Isuntza (110)Getaria (90)
200712Getaria (148)Koxtape (134)Isuntza (116)
200812Kaiku (157)Isuntza (145)Camargo (137)
200912Astillero (174)Koxtape (165)Santurtzi (133)
201012SanturtziCamargoIsuntza
201112PortugaleteZierbenaLekittarra
201212OrioSanturtziLekittarra
2013
Ano Clubs Gañador Segundo Terceiro
200610Kaiku (98)Ur-Kirolak (74)Urola-Kosta (73)
200710Castro B (109)Portugalete (99)Busturialdea (96)
200811Astillero (143)Orio B (130)Trintxerpe (101)
200913Deusto (175)Trintxerpe (170)Getxo (154)
201016PortugaleteSantoñaZumaia B
201112BusturialdeaGetariaOndarroa
201213TrintxerpeOrio BSan Pedro B
2013

Clubs da tempada 2010

[editar | editar a fonte]
Equipo Nome da Traíña Localidade Municipio Provincia Posto en 2009
Club de Remo Valle de Camargo“Virgen del Carmen”MaliañoCamargoCantabria
Ciérvana“Zierbena”ZierbenaZierbenaBiscaia
Santurce“Sotera”SanturtziSanturtziBiscaia
Deusto“Tomatera”DeustoBilbaoBiscaiaAscendido ARC2
Getxo“Goizeko Izarra”GetxoGetxoBiscaiaAscendido ARC2
Arkote“Plentzitarra”PlentziaPlentziaBiscaiaDescendido ACT
Isuntza“Lekitarra”LekeitioLekeitioBiscaia
Busturialdea“Artarri”BermeoBermeoBiscaia10º
Donostiarra“Donostiarra”DonostiaDonostiaGuipúscoa
Orio “B”“San Nikolas”OrioOrioGuipúscoa
Trintxerpe“Azkuene”TrintxerpePasaiaGuipúscoaAscendido ARC2
Hondarribia “B”“Ama Guadalupekoa”HondarribiaHondarribiaGuipúscoa
Equipo Nome da Traíña Localidade Municipio Provincia Posto en 2009
Luanco“Lluanquina”LuancoGozónAsturias10º
Santander“Virgen del Mar”SantanderSantanderCantabria
Santoña“Virgen Del Puerto”SantoñaSantoñaCantabria
Colindres“Villa de Colindres”ColindresColindresCantabria
Castro “B”“La Marinera”Castro-UrdialesCastro-UrdialesCantabriaRetorna logo dun ano inactiva
Portugalete“Jarrillera”PortugaletePortugaleteBiscaiaDescenso ARC I
Raspas“Areatarra”AreetaGetxoBiscaia13º
Luchana“Erandiotarra”LutxanaBarakaldoBiscaia12º
Mundaca“Erramon”MundakaMundakaBiscaia
Ondarroa“Antiguako Ama”OndarroaOndarroaBiscaiaDescenso ARC I
Zumaia “B”“Telmo Deun”ZumaiaZumaiaGuipúscoa
Getaria“Esperantza”GetariaGetariaGuipúscoaNova incorporación
Zarauz “B”“Enbata”ZarautzZarautzGuipúscoaNova incorporación
Donostiarra “B”“Lugañene”DonostiaDonostiaGuipúscoa11º
San Pedro “B”“--”Pasai San PedroPasaiaGuipúscoaNova incorporación
Hibaika“Madalen”ErrenteriaErrenteriaGuipúscoa

Sistema de competición

[editar | editar a fonte]

As regatas desenvólvense durante os meses de xuño a outubro. A Liga ARC consta de dous grupos dende a súa fundación no 2006, o Grupo 1 e o Grupo 2. A liga consta dun sistema de ascensos e descensos entre os dous grupos, así como do Grupo 1 á Liga ACT ou Liga San Miguel.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]