Levante español

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Levante peninsular»)
Non confundir con Levante mediterráneo
Levante español (en vermello)

Levante español, Levante peninsular ou simplemente Levante son termos que serven para referirse ao conxunto de comarcas españolas da costa mediterránea, en especial aquelas correspondentes á Comunidade Valenciana e á Rexión de Murcia,[1] sendo máis ou menos coincidente co sector oriental da Península Ibérica.

O topónimo non se corresponde con ningunha demarcación administrativa que abarque o seu territorio, e solápase no seu uso cos de territorios históricos e comunidades autónomas,[2] existindo un conflito terminolóxico.[3][4][5][6]

O termo non é sinónimo de Comunidade Valenciana.[4]

Territorio[editar | editar a fonte]

Actualmente non existe ningunha entidade política, territorio ou administración que englobe ou se ocupe desa zona. Desde o punto de vista da toponimia oficial, existe un Levante Almeriense, unha comarca da provincia de Almería, que abarca desde o cabo de Gata até Pulpí.[7]

Segundo a Real Academia Española o termo Levante úsase como «Nome xenérico das comarcas mediterráneas de España, e especialmente as correspondentes aos antigos reinos de Murcia e de Valencia».[1]

O termo úsase para referirse a algún aspecto común ou propio desta zona de España, xa sexa histórico, meteorolóxico ou de calquera outro tipo.[8][9][10][11][12][13]

Historia[editar | editar a fonte]

Na década de 1930 o político alicantino Lorenzo Carbonell, do Partido Republicano Radical Socialista e daquela alcalde de Alacant, expresouse da seguinte maneira sobre o proxecto de Estatuto Regional Valenciano:[14]

Se Valencia pide un Estatuto, será para ela soa. Nin Alacant o pide nin se une a ela. Alacant máis que valenciana é levantina.

Nun informe de 1996 o Consell Valencià de Cultura –órgano consultivo en materia cultural das Cortes Valencianas– fala sobre a inconveniencia do termo Levante para referirse ao territorio da actual Comunidade Valenciana, antigo Reino de Valencia. Este informe argumenta que durante un tempo, xa no século XX, estableceuse este nome para aplacar a personalidade valenciana e evitar movementos nacionalistas, como sucedía noutros territorios. A este respecto o informe cita a Joan Fuster, personace fundamental no nacionalismo valenciano e ideólogo dos denominados Países Cataláns, dicía sobre o tema no seu libro Nosaltres els Valencians de 1962:[3]

De todo iso xurdiu, ultimamente, outra etiqueta deformadora: a de Levante. O uso que se fai dela ten unha intención incontrovertíbel. Ninguén ignora que un dos designios que a animan é, precisamente, o de retirar da circulación o termo 'valenciano' para cualificar o país. A cousa é inxuriosamente grotesca. [...] Cando alguén fala de Levante para referirse dunha maneira ou outra ao País Valenciano, non hai dúbida de que trata de escamotear a única realidade propia dos valenciáns: a oculta, a enturba ou a nega
Botella de Estrella de Levante

O topónimo forma parte na actualidade do nome de diversas entidades, como:

  • Estrella de Levante, unha empresa cervexeira orixinada en Murcia.[15]
  • O xornal valenciano Levante-EMV, cuxo nome data de 1939.[3]
  • O Levante Unión Deportiva (Levante UD), club deportivo surxido nos barrios pesqueiros de Valencia, e que debe seu nome ao vento de levante, que servía aos pescadores para volver a casa despois de faceren o seu traballo.[3]

A arte rupestre levantina, Patrimonio da Humanidade[editar | editar a fonte]

A arte rupestre levantina foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1998, formando parte da nomenclatura administrativa da Arte rupestre do arco mediterráneo da Península Ibérica.[16][17]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 ASALE, RAE. "levante, en: Diccionario de la lengua española". Diccionario de la lengua española. Edición del Tricentenario. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  2. Albacete, El Digital de (18 de decembro de 2019). "García-Page deplora "el nivel de agresividad en el Levante español" tras el trasvase para consumo humano". El Digital de Albacete. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Informe del Consell Valencià de Cultura sobre el término "Levante" de 1996, realizado por Manuel Bas Carbonell y Francesc Pérez i Moragón.
  4. 4,0 4,1 "levante no es solo Comunidad Valenciana". www.fundeu.es. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  5. País, Ediciones El (18 de setembro de 2018). "La Comunidad Valenciana recuerda que no se llama Levante". Verne. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  6. "El Levante español no existe; somos Comunitat Valenciana". Levante-EMV. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  7. "Mancomunidad de Municipios del Levante Almeriense". www.mancomunidadlevantealmeriense.es. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  8. "Raza bovina Murciana-Levantina". www.mapa.gob.es. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  9. "Tiempo: la semana comienza con mucha lluvia y avisos en la costa gallega y levantina". El Huffington Post. 2 de decembro de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  10. "Sala Mesolítico y Neolítico - Generalitat Valenciana". www.ceice.gva.es. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  11. "Tirig, arte rupestre levantino, Patrimonio de la Humanidad.". www.turismodecastellon.com. Consultado o 4 de febreiro de 2020. 
  12. "El Levante español ha sufrido 3.980 inundaciones en los últimos 1.000 años". Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 04 de febreiro de 2022. 
  13. "Vestigios de la Ofensiva del Levante en la Vall d'Uixó". Levante-EMV. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  14. Girona Albuixech, Albert e Santacreu Soler, José Miguel (2006). "Lorenzo Carbonell Santacruz". La crisis de la Segunda República. Editorial Prensa Valenciana/Editorial Prensa Alicantina. pp. 132–136. ISBN 84-8750-270-9. 
  15. "Historia de Estrella de Levante en Murcia | Estrella de Levante". www.estrelladelevante.es. Arquivado dende o orixinal o 2 de decembro de 2019. Consultado o 4 de febreiro de 2022. 
  16. Anna Alonso Tejada e Alexandre Grimal Navarro (1999): Introducción al Arte levantino a través de una estación singular: la Cueva de la Vieja (Alpera-(Albacete). Alpera: Asociación Cultural Malecón. ISBN 84-6059-066-6.
  17. Anna Alonso Tejada e Alexandre Grimal Navarro (2002): Contribución al conocimiento del Arte levantino en Albacete. II Congreso de Historia de Albacete. Albacete: Instituto de Estudios Albacetenses «Don Juan Manuel». ISBN 84-9539-440-5, páxinas 37-58.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Fuster, Joan (1979): Nosaltres, els valencians. Barcelona: Edicions 62. ISBN 84-2971-294-1.
  • Preston, Paul e Saz, Ismael (2001): De la revolució liberal a la democràcia parlamentària: València (1808-1975). València: Universitat de València. ISBN 84-7030-855-6.
  • San Martín, Angel, ed. (1999): Fi de segle. Incerteses davant un nou mil·lenni: X Universitat d’Estiu a Gandia. Volumen 27 de Col·lecció oberta: Arte. València: Universitat de València. ISBN 978-84-3701-604-7.