Saltar ao contido

Auga potable

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Auga potábel»)
Auga potable

Denomínase auga potable á auga que pode ser consumida por persoas e animais sen risco de contraeren enfermidades. O termo aplícase á auga que foi tratada para o seu consumo humano segundo unhas normas de calidade promulgadas polas autoridades locais e internacionais.

En España, a normativa que regula as características e controis da auga potable e da súa subministración é o Real decreto 140/2003[1], que estabelece valores máximos e mínimos para o contido en minerais, diferentes ións como cloruros, nitratos, nitritos, amonio, calcio, magnesio, fosfato, arsénico etc., ademais dos límites máximos dos xermes patóxenos. O pH da auga potable debe de estar entre 6,5 e 8,5. Os controis sobre a auga potable adoitan ser máis severos cós controis aplicados sobre as augas minerais embotelladas.

  1. Esta norma traslada ó dereito español a Directiva Europea 98/83/CE, de 3 de novembro de 1998.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Real decreto 140/2003, de 7 de febreiro, polo que se estabelecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano (BOE nº 45, de 21.02.2003) [1]