María Miramontes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
María Miramontes
Maria Miramontes.jpg
Retrato de María Miramontes
Nacemento 6 de abril de 1895
  Guísamo, Bergondo
Falecemento 17 de setembro de 1964
  Buenos Aires
Nacionalidade España
Ocupación Intelectual e política
editar datos en Wikidata ]

María Dolores Miramontes Mato, nada en Santa María de Guísamo (Bergondo) o 6 de abril de 1895 e finada en Buenos Aires en 1964, foi unha activista e intelectual rexionalista galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de xornaleiros, trasladouse coa súa familia á Coruña, onde comeza a traballar nun obradoiro de costura aos 11 anos. Nesta cidade relaciónase con outras mulleres que terán un papel moi destacado no galeguismo e no republicanismo como Elvira Bao Maceiras e Amparo López Jean.

Militou nas Irmandades da Fala e en 1918 formou parte da súa Xunta Directiva. En 1920 casou con Ánxel Casal, abriron xuntos unha tenda de tecidos, na que traballou de costureira. O matrimonio puxo en marcha outras moitas iniciativas. Fundaron a Editorial Lar e posteriormente a Editorial Nós e dirixiron as Escolas de Insiño Galego, ensino bilingüe e inspirada nos principios da Institución Libre de Enseñanza. Coa proclamación da II República e o ingreso no Partido Galeguista, trasladáronse a Santiago de Compostela, onde seguiu a traballar de costureira. No ámbito político, colaborou na campaña a favor do Estatuto de Autonomía.

Tras o asasinato do seu marido na guerra civil, embarcou na Coruña rumbo a Buenos Aires en novembro de 1936. Na capital arxentina traballou de modista e casou cun curmán, Pedro Miramontes. Mantivo contacto con representantes do exilio galego como Luís Seoane e Maruxa Seoane. Morreu no Sanatorio do Centro Galego de Bos Aires.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

No ano 2007 o concello de Santiago de Compostela púxolle o seu nome a unha rúa.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade galega é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.