Os probes de Deus
Os probes de Deus | |
---|---|
Autor/a | Luís Amado Carballo |
Cuberta | Camilo Díaz Baliño |
Orixe | Galiza |
Lingua | galego |
Xénero(s) | Novela |
Editorial | Lar n.º 5 |
Data de pub. | 31 de xaneiro de 1925 |
Formato | Tapa branda |
Precedido por | Maliaxe |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os probes de Deus é unha novela curta de Luís Amado Carballo. Datada en Pontevedra en novembro de 1923, saíu editada o 31 de xaneiro de 1925 no n.º 5 da revista-editorial Lar.
Trama
[editar | editar a fonte]A obra narra a vida de varios anciáns que viven nun asilo dunha vila costeira, como o labrego Pedro Lueiro, o mariñeiro Cibrán do Estevo, un cego que conta historias vellas, un poeta republicano tísico, a fidalga Malvina de Gondarel ou o parvo de Codeseda. Alí rememoran as súas vidas pasadas ao tempo que fan algunhas tarefas para levar.
Narración
[editar | editar a fonte]Aparecen reflectidos os diferentes estamentos sociais da época. As temáticas representadas falan de tópicos xa tratados por Amado Carballo en relatos anteriores, como a relixiosidade, a hipocrisía social, o caciquismo ou a explotación laboral.
A trama discorre nun mes de Nadal.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Os probes de Deus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Amado Carballo, L.:Obra completa. Editorial Galaxia, 1995. ISBN 84-7154-974-3