Atún listado
| Atún listado | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Katsuwonus pelamis Carl von Linné 1758 | |||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||||||
|
Combinación orixinal
| |||||||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||||||
| Conservación | |||||||||||||||
|
Identificador UICN
| |||||||||||||||
|
Área de distribución
| |||||||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||||||
| Filo | Chordata | ||||||||||||||
| Clase | Actinopterygii | ||||||||||||||
| Orde | Perciformes | ||||||||||||||
| Familia | Scombridae | ||||||||||||||
| Xénero | Katsuwonus | ||||||||||||||
| Especie | K. pelamis | ||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||||||
O atún listado ou, simplemente, listado [1] (Katsuwonus pelamis [2]) é un peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos, de grande interese comercial e capturado fundamentalmente para a elaboración de conservas.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Alcanza tamaños máximos de 1 metro (aínda que o normal son valores de 40–50 cm) e pesos de 5–10 kg (con máximos de 19 kg).
Recoñécese pola presenza de 4-7 bandas lonxitudinais escuras a ámbolos lados da rexión ventral, por baixo da liña lateral, debuxo característico ó que lle debe o nome de listado. A cor do lombo é azul escuro con irisacións púrpuras, aclarando segundo descende cara ao ventre, que ten cor prateada.
As aletas dorsais están lixeiramente separadas. A aleta pectoral é moi curta. Posúen 53-63 pequenos dentes no primeiro arco branquial, número moi superior ó doutros túnidos. Non posúen vexiga natatoria.

Ecoloxía
[editar | editar a fonte]Está presente en tódolos océanos do mundo de augas tropicais e subtropicais, máis ou menos entre os paralelos 45ºN e 45ºS. Forma bancos moi numerosos [3], ás veces mesturados con outras especies de túnidos, especialmente rabil (Thunnus albacares) e patudo (Thunnus obesus). Para os efectos de avaliación, a Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (CICAA) diferencia dous stocks, leste e oeste (utilizando como referencia o meridiano 30º oeste).
Mostra unha taxa de crecemento moi variable, segundo a estación e a zona onde vivan. A desova non se concentra, como noutras especies de túnidos, senón que se produce ó longo de todo o ano en diferentes áreas do Atlántico (ou entre a primavera e o outono, nas poboacións de augas subtropicais).
Aproveitamento pesqueiro
[editar | editar a fonte]No océano Pacífico representa a especie de maior interese pesqueiro (ata o 45% das capturas mundiais de túnidos); MUUS e DAHLSTRÖM, 1981). Boa parte das conservas de atún que non especifiquen a especie están elaboradas con esta especie.
O atún listado adoita asociarse a concentracións de peixes superficiais. Esta característica foi aproveitada polos barcos pesqueiros, que botaban ó mar artefactos flotantes para atrae-los bancos de atúns ás súas redes de cerco.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Vexa a entrada do Galizionario acerca de Atún listado |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anuario de pesca 2006. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, 2007.
- Comité Permanente de Investigacións e Estatísticas da Comisión Internacional para a Conservación do Atún Atlántico (CICAA) (sen data): Glosario de términos pesqueros. [1]
- MARCH, Lourdes (1993): La cesta de la compra. Alianza Editorial, Madrid.
- MUUS, B.J. e DAHLSTRÖM, P. (1981): Guía de los peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Ediciones Omega S.A., Barcelona.
- ZUDAIRE, Maite e YOLDI, Gema (2005): Pescados y mariscos. Eroski Publicaciones, Elorrio (Biscaia).

