Justin Meldal-Johnsen
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de marzo de 1970 ![]() Eugene, Estados Unidos de América ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América ![]() |
Educación | Herbert Hoover High School (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Música ![]() |
Ocupación | produtor musical , compositor , guitarrista , músico ![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo e Jazz ![]() |
Lingua | Lingua inglesa ![]() |
Instrumento | Baixo, guitarra e baixo ![]() |
Selo discográfico | Geffen Records ![]() |
Páxina web | justinmj.com ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Justin Meldal-Johnsen, nado en Eugene (Oregón) o 26 de marzo de 1970, é un músico estadounidense coñecido sobre todo polo seu traballo co artista alternativo Beck. Justin foi o baixista da banda ao vivo de Nine Inch Nails durante as súas últimas xiras.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Meldal-Johnsen medrou escoitando os discos dos seus pais e recibiu o seu primeiro baixo aos doce anos. Despois do instituto traballou na quenda de noite como conserxe dos Cherokee Recording Studios nos Ánxeles, onde coñeceu a Gene Simmons, Lou Reed e ao arranxador David Campbell. Aos 17 anos Justin comezou a traballar como asistente de Campbell, que lle presentou ao seu fillo, Beck. Comezaron unha carreira xuntos e Justin foi o baixista e o director musical da banda de Beck dyurante unha década.
Medal-Johnsen gravou o baixo para un bo feixe de artistas: Air, Tori Amos, Garbage ou Dixie Chicks entre outros. Co-compuxo varios temas coa cantante Macy Gray, e foi o director musical de Gnarls Barkley, montando a súa banda en directo nas súas primeiras actuacións nos Estados Unidos en 2006. Justin pasou a maior parte do período de 2007 ata 2009 como baixista da banda ao vivo de Nine Inch Nails nas súas xiras Lights In The Sky e NIN|JA/Wave Goodbye. Na actualidade atópase producindo o seguinte álbum da banda dos Ánxeles Division Day.