Saltar ao contido

Aaron North

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAaron North

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de marzo de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónSouth High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvocalista, músico, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica rock, Música industrial, rock alternativo e punk rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra, baixo e teclado Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBuddyhead Records (en) Traducir
Interscope Records Editar o valor en Wikidata

Musicbrainz: 2fd475b9-4a31-4b8c-8368-7b71118f2d71 Songkick: 2367562 Discogs: 756704 Editar o valor en Wikidata


Aaron North, nado o 22 de marzo de 1979 nos Ánxeles, é o cofundador e antigo guitarrista da banda de punk rock The Icarus Line, o antigo guitarraista do grupo de rock industrial Nine Inch Nails, e o actual vocalista e guitarrista de Jubilee. North destaca pola súa forma caótica e pouco convencional de tocar a guitarra, o seu uso do feedback e a súa forma de axitar o instrumento mentres toca.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

The Icarus Line

[editar | editar a fonte]

North foi un dos membros orixinais de The Icarus Line, e xirou e gravou co grupo como guitarraista entre 1998 ata 2004. Durante este tempo a banda editou dous álbums de estudio aclamados pola crítica, Mono (2001) e Penance Soiree (2004), e tres EPs, Highlypuncturingnoisetestingyourabilitytohate, Red And Black Attack e Three Jesus Songs. O grupo foi coñecido polos seus caóticos directos de onde destaca un incidente ocorrido no ano 2002 cando, actuando no Hard Rock Cafe en Austin, Texas, North "liberou" unha guitarra que pertencera a Stevie Ray Vaughan rompendo a caixa que o protexía cun pé de meicrófono. Procurou enchufala ao seu amplificador, pero rapidamente foi collido polos membros de seguridae do loca. O incidente fixo que lle chegasen numerosas ameazas de morte de texanos indignados, ademais dos distintos problemas legais que lle acarreou o feito. North deixou a banda no ano 2004, citando o seu desexo de moverse cara a outras direccións musicais.

Nine Inch Nails

[editar | editar a fonte]

Despois dunha exitosa audición, North uniuse a Nine Inch Nails no ano 2005 como guitarrista de xira, nunha formación que tamén contaba co batería Jerome Dillon, o baixista Jeordie White e o teclista Alessandro Cortini. Ten afirmado que a invitación á audión foi debido a unha recomendación que lle fixo o produtor Alan Moulder a Trent Reznor, xa que Moulder traballara tanto con The Icarus Line como con Nine Inch Nails.

North estivo co grupo nas xiras Live: With_Teeth (promocionando o seu álbum de 2005 With Teeth) e Performance: 2007 (que promocionou Year Zero, editado no 2007). No ano 2005, mentres estaba tocando con Nine Inch Nails, North actuou como guitarrista convidado con Queens of the Stone Age en varios acústicos en tendas e en dous concertos "normais" nos Ánxeles. En xullo do 2006, North foi demandado (xunto con Nine Inch Nails) polo garda de seguridade de Wisconsin Mark LaVoie. O garda afirmaba que fora agredido "intencinadamente e con violencia" no concerto que realizara o grupo no Alliant Energy Center o 13 de outubro de 2005. A demanda resolveuse cun acordo extraxudicial polo que LaVoie recibiría unha substancial cantidade de cartos.

North apareceu no DVD Beside You In Time, e tamén nos vídeos musicais de "The Hand That Feeds" 3 "Survivalism". Deixou o grupo cando rematou a xira Performance: 2007.

North formou Jubilee a finais do ano 2007 co seu antigo compañeiro de The Icarus Line Troy Petrey, e co baixista Michael Shuman (Queens of the Stone Age, Wires On Fire). A banda comezou unha breve xira polo Reino Unido en xaneiro do 2008 con membros de Wires On Fire como parte da formación. O grupo regresou ao Reino Unido a finais dese ano para completar unha xira máis extensa. Jubilee leva editados só dous sinxelos, "Rebel Hiss" e "In With The Out Crowd". O seu álbum de estrea aínda non editado, os sinxelos, caras-b e cancións extra inclúen interpretación dunha gran cantidade de baterías, entre os que están Dave Grohl, Julian Gross, Nick Jago, Joey Castillo, Carla Azar, Josh Freese, Loren Humphrey, Kevin Haskins, Taylor Hawkins e Josh Homme. Outras colaboracións para o álbum inclúen a Trent Reznor e a Maynard James Keenan. A finais do 2008, a banda tivo outro cambio de formación, marchandose Michael Shuman. O seu álbum de estrea supostamente está rematado dende finais do 2008, pero está sendo atrasado ata conseguir unha formación estable que se encargue da súa xira de promoción.

En xullo do 2009 revelouse que Tony Bevilacqua (Spinnerette, The Distillers, The Drips, Darker My Love) era o novo guitarrista do grupo, e que Jenni Tarma (Eskimohunter, Har Mar Superstar, Kylie Minogue) o novo baixista. A banda anunciou que enviarían un EP chamado After the Crash a aqueles que se suscribiran ao seu servizo Topspin.