Came Back Haunted
| Came Back Haunted | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nine Inch Nails | |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
"Came Back Haunted" é unha canción da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, publicada como primeiro sinxelo do seu álbum Hesitation Marks o día 6 de xuño do 2013. Trátase do primeiro sinxelo do grupo dende que está co selo Columbia Records.
Música e letra
[editar | editar a fonte]O tema contén partes formadas por capas de sintetizadores, patróns rítmicos industriais e unha liña de baixo electrónica, que son interrompidas por un ruptura instrumental conducida por guitarras. A canción remata cun outro vocal cun canto do título do tema.
Gary Graff de Billboard interpretou as letras da canción como un "recoñecemento da ausencia de Reznor" e unha presumible referencia ás súas expericncias realizando bandas sonoras de películas e no seu proxecto paralelo How to Destroy Angels.
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |