Jerome Dillon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Jerome Dillon
Nacemento 16 de xullo de 1960 (58 anos)
Orixe Columbus, Ohio Flag of the United States.svg
Instrumento(s) batería
Relacionado con Nine Inch Nails
editar datos en Wikidata ]

Jerome Dillon (nado o 16 de xullo de 1960 en Columbus, Ohio) é un músico estadounidense coñecido polo seu traballo como batería na banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails entre os anos 1999 e 2005. Despois da súa saída, o seu proxecto Nearly editou o seu álbum de estrea, reminder, en decembro do 2005, xunto cun maxi-sinxelo do tema "Straight to Nowhere". Ademais, un bootleg autorizado titulado reminder Live 2006 foi lanzado en agosto do 2006. Recentemente estivo traballando como compositor para películas.

Biografía[editar | editar a fonte]

Asistíu ao St. Francis DeSales e ao Northland High School de Columbus, Ohio ata 1987. En 1994 Dillon uníuse ao grupo de pop rock Howlin' Maggie. En xullo de 1998 deixou a banda e mudouse a Los Angeles. Ese mesmo ano, mentres visitaba á súa familia en Columbus, a preparadora de Howlin' Maggie, Sheila Scott, informouno dunha audición para Nine Inch Nails. Trent Reznor separouse do batería Chris Vrenna e buscaba a alguén para ocupar o seu lugar. Dillon enviou mostras do seu traballo e contactaron con el pouco despois para darlle a oportunidade de facer unha audición para Reznor.

Dillon actuou como batería da banda nas xiras de promoción de The Fragile e With Teeth. Ademais diso, traballou con Reznor no estudio como multi-instrumentista en varios álbums: Things Falling Apart, And All That Could Have Been, Still e With Teeth.

Durante a pausa entre a xira Fragility e o álbum With Teeth, Jerome comezou a traballar no seu primeiro álbum en solitario[1]. O proxecto bautizouno como nearLY, pero a comezos do ano 2005 quedou en suspenso ao volver á actividade con NIN.

Jerome tocou con Nine Inch Nails ata outubro do ano 2005. Durante o concerto da banda do 16 de setembro en San Diego queixouse dun latexo irregular do seu corazón aos 45 minutos de actuación, e o directo tivo que acurtarse para que Dillon recibise asistencia médica. Despois de pasar a noite no hospital volvería a actuar coa banda o día 19 en Phoenix (Arizona). O 28 de outubro anunciou nunha actualización da súa páxina web que non regresaría co grupo debido a diferenzas con respecto á organización.

Notas[editar | editar a fonte]