With Teeth

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

With Teeth
Álbum de Nine Inch Nails
Publicado27 de abril do 2005
Gravaciónsetembro - decembro do 2004
Duración56:05
Xénero(s)rock industrial, rock alternativo, rock electrónico, synthpop
Selo(s)Interscope, Nothing
Producido porTrent Reznor, Alan Moulder
Cronoloxía
The Fragile With Teeth Year Zero

With Teeth é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de rock industrial Nine Inch Nails, editado o 27 de abril do 2005 a través do selo Interscope Records. O álbum foi producido polo líder da banda Trent Reznor e polo seu vello colaborador Alan Moulder. Foi o primeiro álbum de estudio orixinal de Reznor dende a aparición de The Fragile en 1999. With Teeth converteuse nun inmediato éxito comercial, estreándose no número 1 da lista Billboard 200 e vendendo 272.000 copias na súa primeira semana. O álbum xerou tres sinxelos: "The Hand That Feeds", "Only" e "Every Day Is Exactly the Same", acadando os tres o número 1 da lista da Billboard Hot Modern Rock Tracks.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Todos os temas escritos e interpretados por Trent Reznor.

N.º Título Duración
1. "All the Love in the World"   5:15
2. "You Know What You Are?"   3:42
3. "The Collector"   3:08
4. "The Hand That Feeds"   3:32
5. "Love Is Not Enough"   3:41
6. "Every Day Is Exactly the Same"   4:55
7. "With Teeth"   5:38
8. "Only"   4:23
9. "Getting Smaller"   3:35
10. "Sunspots"   4:03
11. "The Line Begins to Blur"   3:44
12. "Beside You in Time"   5:25
13. "Right Where It Belongs"   5:04
56:05
Cancións extra
N.º Título Duración
14. "Home" (edicións de fóra dos Estados Unidos) 3:14
15. "Right Where It Belongs (Versión 2)" (edicións británica e xaponesa) 5:04
16. "The Hand That Feeds (Ruff Mix)" (edición xaponesa) 3:58
68:21

O tema "Home" foi orixinalmente unha cara-B de "The Hand That Feeds". Nas versións en CD a canción foi colocada despois do último tema, no vinilo aparece despois de "Sunspots". A versión británica tamén contén un tema adicional, unha versión alternativa de "Right Where it Belongs", e a versión xaponesa trae tamén esta versión alternatica xunto cunha remestura de "The Hand That Feeds" feita por Photek, facendo un total de 16 cancións.

Foron gravados dous temas máis para o álbum, "Non-Entity" e "Not So Pretty Now", que non serían editados. Trent Reznor posteriormente no EP NINJA 2009 Tour Sampler.