Charlie Clouser
Charlie Clouser | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Charles Alexander Clouser |
Data nacemento | 23 de xuño de 1963 (59 anos) |
Nado en | Hanover |
Ocupación | compositor, enxeñeiro de son, compositor de cancións, produtor musical, teclista, produtor, enxeñeiro e percusionista |
Xénero | música electrónica, metal industrial |
Instrumento(s) | sintetizador, batería, baixo, theremin |
Relacionado con | Nine Inch Nails, Burning Retina, Danny Lohner |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Charlie Clouser, nado en Hanover (Nova Hampshire) o 23 de xuño de 1963, é un músico estadounidense que toca principalmente sintetizadores, teclados, theremin e batería. É coñecido polas súas habilidades na programación de música, na mestura e facendo remesturas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi membro de Nine Inch Nails entre os anos 1994 e 2000. Despois de saír da banda, entrou en Burning Retina co antigo guitarrista de L. A. Guns Mick Cripps e o traballador de Nothing Records Sean Beavan. Clouser tamén foi membro da banda 9 Ways to Sunday, que editou un álbum autotitulado en 1990. Clouser ten feito remesturas de artistas como Nine Inch Nails, Marilyn Manson, Rammstein e Meat Beat Manifesto.
No ano 2004 Clouser produciu o álbum Size Matters da banda Helmet, que consiste principalmente en colaboracións entre Charlie Clouser e Page Hamilton, coa intención de facer un "álbum en solitario" de Page Hamilton.
Dous temas programados por Clouser foron nomeados aos premios Grammy en 1997: o de White Zombie "I'm Your Boogie Man" e o de Rob Zombie e Alice Cooper "Hands of Death (Burn Baby Burn)", o último deles tamén coescrito e mesturado por Clouser.
Traballou con Trent Reznor na banda sonora da película Natural Born Killers, axudándoo a gravar e producir unha nova versión de "Something I Can Never Have", un tema que na súa versión orixinal aparaceía no álbum Pretty Hate Machine. A remestura da canción de Rob Zombie "Dragula" que se atopa na película The Matrix, tamén é de Clouser. Outro tema de Rob Zombie remesturado por el é "Reload", que aparece en The Matrix Reloaded. Produciu o álbum de Helmet Size Matters e o inconcluso proxecto con Page Hamilton chamado Gandhi.
Clouser encargouse dos sintetizadores en directo na xira de Alec Empire Intelligence And Sacrifice no ano 2001.
Aparece no documental Moog sobre o pioneiro da música electrónica Robert Moog, e compuxo a canción "I Am a Spaceman" para a banda sonora do mesmo.
Clouser tamén traballou como compositor para o cine e a televisión, facendo a música para as películas da serie Saw, Death Sentence, Resident Evil: Extinction, Dead Silence e Deepwater. En televisión compuxo a música para a serie da NBC Las Vegas Freeway, e a da CBS NUMB3RS.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Charlie Clouser ![]() |