Golden Feelings é o álbum de estrea do músico estadounidense de rock alternativoBeck, editado en 1993 polo selo Sonic Enemy. O álbum amosa as súas raíces na escena anti-folk de Nova York.
Inicialmente só estivo dispoñible en cantidades limitadas en casete, pero Sonic Enemy remasterizou o álbum e reeditouno en CD a mediados de 1999. Beck molestouse xa que o fixeron sen o seu permiso e, despois de coñecer o seu enfado, Sonic Enemy parou de facer máis copias. Só se fabricaron 2.000, facendo que o CD se convertese nun obxecto moi valioso.