Jeff Ward

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Jeff Ward
Nacemento19 de novembro de 1962
Falecemento19 de marzo de 1993
Ocupaciónbaterista
Instrumento(s)batería
Relacionado conHammeron, Nine Inch Nails, Revolting Cocks, Ministry, Lard, Low Pop Suicide
editar datos en Wikidata ]

Jeff Ward (19 de novembro de 1962 - 19 de marzo de 1993) foi un batería estadounidense que tocou en varias bandas de rock, entre as que se inclúen Hammeron, Nine Inch Nails, Revolting Cocks, Ministry, Lard e Low Pop Suicide.

Suicidouse no ano 1993 encerrándose no garaxe e acendendo o motor do coche, morrendo intoxicado polo monóxido de carbono. Os álbums Linger Ficken' Good de Revolting Cocks, The Downward Spiral de Nine Inch Nails, Filth Pig de Ministry e Pure Chewing Satisfaction de Lard conteñen dedicatorias ao batería, e o seu amigo (e compañeiro en Nine Inch Nails) Richard Patrick tratou a súa morte no tema de Filter "It's Over".