James Woolley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJames Woolley
Biografía
Nacemento26 de setembro de 1966 Editar o valor em Wikidata
Morte14 de agosto de 2016 Editar o valor em Wikidata (49 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Região Metropolitana de Chicago (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónteclista Editar o valor em Wikidata
InstrumentoTeclado Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 1f4ffb9e-2425-40fb-b054-68e80e2ef83d Discogs: 541418 Find a Grave: 168594354 Editar o valor em Wikidata

James Woolley é un atigo teclista da banda de rock industrial estadounidense Nine Inch Nails, contratado para tocar ao vivo na xira do Lollapalooza en 1991 e no principio da Self Destruct Tour en 1994. Woolley tamén aparece nos vídeos musicais de "Wish" e "March of the Pigs", e en partes do vídeo Closure, editado en 1997.

Antes de tocar en Nine Inch Nails, foi colaborador, xunto co batería Chris Vrenna, da banda de Chicago Die Warzau. En 1994, xunto antes de que NIN saíse de xira, Woolley contribuíu no álbum de Sister Machine Gun Torture Technique.

Despois de pasar por Nine Inch Nails Woolley colaborou novamente nos álbums de Die Warzau, particularmente no Convenience do ano 2005. En 1998 Woolley xirou coa banda de Rob Halford 2wo, na que tamén estaba John 5. Despois de 2wo, Woolley realizou algúns traballos de estudio nos Ánxeles e no 2005 mudouse a Chicago. Dende o ano 2006 está cunha nova banda, V.O.I.D.