Midnite Vultures é o sétimo (e cuarto nun grande selo) álbum de estudio do músico estadounidense de rock alternativoBeck, editado o 23 de novembro de 1999 polo selo Geffen Records. Midnite Vultures non acadou o mesmo éxito que o seu predecesor, Odelay, a pesar de que foi ben recibido pola crítica e o público.
Midnite Vultures acadou o posto 34 nos Estados Unidos, onde foi ouro, e tamén foi número 19 no Reino Unido. No mes de xullo do 2008, Midnite Vultures vendera 743.000 copias nos Estados Unidos. O álbum foi nomeado no 2001 ao premio álbum do ano na entrega dos 43 Grammy Awards.