Tori Amos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tori Amos
Tori Amos Adelaide 2007.jpg
Tori Amos en 2007.
Nome completo Myra Ellen Amos
Nacemento 22 de agosto de 1963 (54 anos)
Orixe Newton, Carolina do Norte Flag of the United States.svg
Tempo en activo 1979 - presente
Na rede
http://www.toriamos.com/

Myra Ellen Amos, nada en Newton (Carolina do Norte) o 22 de agosto de 1963, é unha pianista, cantautora e compositora estadounidense, máis coñecida como Tori Amos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ten unha formación clásica e ten un rango vocal de mezzo-soprano. Amos orixinamente servíu como vocalista principal do grupo de synthpop dos 80 Y Kant Tori Read, e como artista en solitario estivo á fronte dun bo número de mulleres cantautoras de principios dos 90. Tamén destacou ao principio da súa carreira en solitario por ser unha das poucas intérpretes de rock alternativo en usar o piano como o seu instrumento principal. Entre algúns dos seus sinxelos máis soados están "Crucify", "Silent All These Years", "God", "Cornflake Girl", "Caught a Lite Sneeze", "Professional Widow", "Spark", "1000 Oceans" e "A Sorta Fairytale", o seu éxito máis comercial nos Estados Unidos ata a data.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum Ano Selo
Little Earthquakes 1992 Atlantic Records, East West Records
Under the Pink 1994 Atlantic Records, East West Records
Boys for Pele 1996 Atlantic Records, East West Records
From the Choirgirl Hotel 1998 Atlantic Records
To Venus and Back 1999 Atlantic Records, East West Records
Strange Little Girls 2001 Atlantic Records
Scarlet's Walk 2002 Epic Records
The Beekeeper 2005 Epic Records
American Doll Posse 2007 Epic Records
Abnormally Attracted to Sin 2009 Universal Republic
Midwinter Graces 2009 Universal Republic
Night of Hunters 2011 Deutsche Grammophon
Gold Dust 2012 Deutsche Grammophon, Mercury Classics
Unrepentant Geraldines 2014 Mercury Classics
Native Invader 2017 Decca Records

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]