Odelay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Odelay
Álbum de Beck
Publicado 18 de xuño de 1996
Gravación 19941995
Estudio(s) PCP Labs, G-Son Studios, The Shop, Sunset Sound, Conway Studios
Duración 54:13
Xénero(s) rock alternativo, anti-folk
Selo(s) DGC Records
Producido por Beck Hansen, The Dust Brothers, Mario Caldato, Jr, Brian Paulson, Tom Rothrock, Rob Schnapf
Cronoloxía
One Foot in the Grave Odelay Mutations

Odelay é o quinto álbum de estudio do músico estadounidense de rock alternativo Beck, editado o 18 de xuño de 1996 polo selo Geffen Records. Despois do éxito de "Loser", Odelay conseguíu varios sinxelos soados, incluíndo "Where It's At", "Devils Haircut" e "The New Pollution". O álbum acadou no número 16 na lista Billboard 200 e co tempo vendeu ao redor dos 2 millóns de copias nos Estados Unidos. Tamén foi o primeiro álbum exitoso no Reino Unido, sendo número 17 nas listas e conseguindo o disco de platino.

O 29 de xaneiro do 2008 Odelay foi relanzado nunha edición con dous discos cun bo feixe de cancións extra. De cara ao mes de xullo dese ano o álbum levaba vendidas 2,3 millóns de unidades nos Estados Unidos[1]. No ano 2003 foi colocado no número 306 da lista da Rolling Stone dos "500 mellores álbums de todos os tempos"[2].

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Edición orixinal[editar | editar a fonte]

Todos os temas compostos por Beck, John King e Michael Simpson, agás onde se indique. Todos os temas producidos por Beck Hansen e The Dust Brothers, agás onde se indique.

  1. "Devils Haircut" – 3:14
  2. "Hotwax" – 3:49
  3. "Lord Only Knows" (Beck Hansen) – 4:14
  4. "The New Pollution" – 3:39
  5. "Derelict" – 4:12
  6. "Novacane" – 4:37
  7. "Jack-Ass" – 4:11
  8. "Where It's At" – 5:30
  9. "Minus" (Beck Hansen) – 2:32
    • Producida por Beck Hansen, Mario Caldato Jr. e Brian Paulson.
  10. "Sissyneck" – 3:52
  11. "Readymade" – 2:37
  12. "High 5 (Rock the Catskills)" – 4:10
  13. "Ramshackle" (Beck Hansen) – 7:29
    • Producida por Tom Rothrock e Tom Schnapf.
    • Inclúe unha canción oculta chamada "Computer Rock"

Notas[editar | editar a fonte]