Loser (canción)
| Loser | |||
|---|---|---|---|
| Beck | |||
|
Instancia de
| |||
|
Parte de
| |||
|
Xénero
| |||
| Autoría | |||
|
Interpretado por
| |||
| Publicación | |||
|
Data de publicación
| |||
|
Selo discográfico
| |||
| Datas e cronoloxía | |||
|
Precedido por
| |||
|
Sucedido por
| |||
| Localización | |||
| |||
| Fontes e ligazóns | |||
| Wikidata |
"Loser" é unha canción do músico estadounidense de rock alternativo Beck, editado como sinxelo do seu terceiro álbum Mellow Gold inicialmente o 8 de marzo de 1993 a través do selo independente Bong Load Custom. Foi escrita por Beck e o produtor Carl Stephenson, e ámbolos dous produciron o tema xunto a Tom Rothrock.
Cando foi editado inicialmente, "Loser" comezou a ter difusión en varias emisoras de rock moderno, e a súa popularidade permitiulle a Beck conseguir un contrato coa subsidiaria de Geffen Records DGC Records. Despois de que a canción fose reeditada pola DGC, acadou o posto 10 na lista Billboard Hot 100 en abril de 1994.
"Loser" foi elixida a novena mellor canción dos anos 90 pola publicación musical de Internet Pitchfork Media, na súa lista das 200 mellores cancións desa década[1], e Rolling Stone situona no posto 203 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os tempos[2].
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Todos os temas por Beck, agás onde se indique.
- Bong Load 12"
- "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58
- "Steal My Body Home" – 5:18
- CD estadounidense
- "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58
- "Corvette Bummer" – 4:57
- "Alcohol" – 3:51
- "Soul Suckin Jerk (Reject)" – 6:10
- "Fume" – 4:29
- 7" e casete estadounidense
- "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58
- "Alcohol" – 3:51
- 7" e casete británico
- "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58
- "Alcohol" – 3:51
- "Fume" – 4:29
- CD británico e sueco
- "Loser" (Beck, Carl Stephenson) – 3:58
- "Totally Confused" – 3:28
- "Corvette Bummer" – 4:56
- "MTV Makes Me Want to Smoke Crack" (Lounge Version) - 3:29
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pitchfork - The Top 200 Tracks of the 1990s". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2011. Consultado o 26 de setembro de 2011.
- ↑ Rolling Stone - 500 greatest songs of all time