Torre de Breoghán
Aparencia
Torre de Breoghán | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de directo de Luar na Lubre | ||||
Lanzamento | 2 de decembro de 2014 | |||
Xénero(s) | Folk | |||
Selo(s) | Warner | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Torre de Breoghan. A Luz dos Milésians é un álbum en directo do grupo de folk galego Luar na Lubre, gravado conxuntamente coa Orquestra Sinfónica de Galicia. Publicouse o 2 de decembro de 2014, baixo o selo Warner Music.
A edición está composta de 2 CD e 1 DVD. No primeiro, recompílanse temas clásicos do grupo. No segundo, musícanse episodios do relato épico Lebor Gabála Érenn (Libro das invasións de Irlanda), no que se narra a invasión de Irlanda polos Milesios, que chegarían procedentes de Brigantia (A Coruña).[1] No DVD inclúese o concerto íntegro, que foi gravado en directo os días 21 e 22 de xuño de 2014, no Palacio da Ópera da Coruña.
Lista de cancións
[editar | editar a fonte]CD 1
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "O son das augas" | 6:35 |
2. | "Ara solis" | 3:40 |
3. | "O son das pedras" | 5:35 |
4. | "O son do ar" | 7:16 |
5. | "Mandad'ei conmigo" | 3:12 |
6. | "Quantas sabedes" | 3:05 |
7. | "Santa María Loei" | 4:52 |
8. | "Tu gitana" | 4:43 |
9. | "Memoria da noite" | 5:46 |
10. | "Chove en Santiago" | 4:15 |
11. | "Camariñas" | 4:32 |
12. | "Ao pasar pola Coruña" | 4:33 |
13. | "Ven bailar Carmiña" | 5:20 |
14. | "A Carolina" | 3:49 |
CD 2: Torre de Breoghán
[editar | editar a fonte]N.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Obertura" | 2:19 |
2. | "Milesians" | 2:43 |
3. | "Mar de peixe" | 4:59 |
4. | "Interludio I" | 2:12 |
5. | "Ith" | 3:00 |
6. | "Interludio II" | 0:50 |
7. | "Leabhar Ghabhála" | 6:55 |
8. | "Interludio III" | 1:15 |
9. | "A morte de Ith (Cantiga Afonso X)" | 4:52 |
10. | "Interludio IV" | 1:18 |
11. | "A invocación de Amergín" | 4:42 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luar Na Lubre: relato épico e intenso". El País (en castelán). 2 de febreiro de 2015.