Beatriz Santana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Beatriz Santana, nada na Coruña o 18 de xuño de 1965, é unha actriz, directora e guionista galega. É filla do famoso tenista Manolo Santana e da galega María Fernanda González-Dopeso.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Entre 1994 e 1995 estudou na Escola de Letras de Madrid, e ó ano seguinte formouse na Escola de Imaxe e Son da súa cidade natal.

Ten traballado como actriz en series de televisión nacionais destacando o seu papel fixo durante varios anos na serie Al salir de clase. En cine rodou ás ordes de directores coma Carlos Romero Marchent José Luis Garci ou o galego Gustavo Balza.

Precisamente en Galicia traballou como guionista de varias das series da TVG como Terra de Miranda ou a exitosa A vida por diante e rodou a TV-movie Secuestrados en Xeorxia (2003) que lle valeu un nomeamento á mellor interpretación feminina protagonista nos Premios Mestre Mateo 2003.

Tamén conta cunha importante experiencia teatro. O último espectáculo no que participou ata o momento foi Misterioso asesinato en Manhattan, en 2007,xunto a Enrique San Francisco, Raúl Cimas entre outros.

Filmografía como actriz[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Métele caña
  • Un espíritu burlón
  • Todo en el jardín (2003)
  • Por amor al arte (2003)
  • Donde pongo la cabeza (2006)
  • Misterioso asesinato en Manhattan (2007)

Filmografía como guionista[editar | editar a fonte]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]