Saltar ao contido

Entre bateas

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Entre bateas
 Instancia de
 Título
Entre bateas (es) Editar o valor en Wikidata
 Xénero artístico
 Lingua orixinal
Obras e produtos
 Cor
Implicados
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Editor/a de cine
Organizacións
Datas
 Data de publicación
2002 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Duración82 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios e distincións
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0348601 Filmaffinity: 653085 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Entre bateas é un filme dirixido por Jorge Coira e estreado en 2002. Trátase dunha coprodución na que tanto o equipo técnico coma o artístico están formados na súa maior parte por galegos.

Foi a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego no ano 2002, recibindo os galardóns á mellor película de TV e o premio do público. Gañou as categorías da mellor dirección e montaxe (Jorge Coira), actriz secundaria (Rosa Álvarez), maquillaxe e peiteado (Eva Fontenla e Trini Fernández), son, banda sonora (Piti Sanz), dirección artística (Marta Villar), dirección de produción (Roberto Sinde).

O filme narra o conflito que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabadistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planadoras e de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ó tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller -que o abandona farta do seu oficio de contrabadista de tabaco- e os conflitos entre as redes de narcotraficantes.[1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaReceptorResultado
2002Mellor directorJorge CoiraGañador
Mellor actorMiguel de LiraNomeado
Mellor actorPepo SuevosNomeado
Mellor actrizNekane FernándezNomeado
Mellor actor secundarioXosé Manuel Olveira "Pico"Nomeado
Mellor actriz secundariaRosa ÁlvarezGañador
Mellor actriz secundariaLuísa MerelasNomeado
Mellor guiónCarlos Ares, Xosé Castro, Andrés Mahía, Raúl Dans, Daniel Domínguez e Chema GaginoGañador
Mellor realizadorChema FernándezGañador
Mellor filme de televisiónCosta Oeste – FORTAGañador
Mellor dirección de produciónRoberto SindeGañador
Mellor dirección artísticaMarta VillarGañador
Mellor montaxeJorge Coira e Guillermo RepresaGañador
Mellor banda sonoraPiti SanzGañador
Mellor sonClaudio CanedoGañador
Mellor maquillaxe e peiteadoEva Fontenla e Trini FernándezGañador

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]