Eroski Paraíso
Aparencia
| Eroski Paraíso | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata |
Eroski Paraíso é un filme galego de 2019 dirixido por Jorge Coira e Xesús Ron. Baseado na obra homónima da compañía de teatro Chévere, conta distintas historias reais ocorridas na sala de festas "Paraíso", que funcionou en Muros ata 1990 e que logo foi convertida nun supermercado.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Álex (Cris Iglesias), unha directora novel, decide gravar un documental sobre seus pais: Antonio (Miguel de Lira), veciño de Arcos, Mazaricos, e Eva (Patricia de Lorenzo), de Muros, quen se coñeceron nesa última vila na famosa sala de festas "Paraíso", agora convertida en supermercado.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Patricia de Lorenzo como Eva Martínez
- Miguel de Lira como Antonio Formoso
- Cris Iglesias como Álex Martínez Formoso
- Luís Martínez como Avelino Martínez Cuncheiro
- Ana Santos como Tía de Mazaricos
- Federico Pérez Rey como Tío de Mazaricos
- Fidel Vázquez como Marc Climent
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Categoría | Persoa | Resultado |
|---|---|---|
| Mellor filme | Nomeado | |
| Mellor director | Jorge Coira e Xesús Ron | Nomeados |
| Mellor actor | Miguel de Lira | Gañador |
| Mellor actriz | Patricia de Lorenzo | Gañadora[2] |
| Cris Iglesias | Nomeada | |
| Mellor montaxe | Jorge Coira e Lucía Iglesias | Nomeados |
| Mellor fotografía | Lucía Catoira Pan e Fidel Vázquez | Nomeados |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Eroski/Paraíso en Numax Distribución". numax.org. Consultado o 2 de xaneiro de 2020.
- ↑ ‘O que arde’ vence nos Mestre Mateo con seis premios, entres eles Mellor Longametraxe e Mellor Dirección