Pepe Coira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pepe Coira
Nome de nacementoJosé Antonio Coira Nieto
Nacemento1963
Lugar de nacementoRábade
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncrítico de cinema e guionista
Na rede
IMDB: nm2017988 Rottentomatoes: celebrity/pepe_coira Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Pepe Coira Nieto, nado en Rábade en 1963, é un guionista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en Historia e Estética da Cinematografía pola Universidade de Valladolid. Foi crítico cinematográfico en El Correo Gallego (1983-1986), e despois redactor (1986-1987). Traballou para a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (1988-1997). Foi director do CGAI (1991-1998), ocupándose da promoción, difusión e recuperación do audiovisual galego. Despois foi profesor na Escola de Imaxe e Son ata o ano 2000. Foi profesor asociado na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación de Pontevedra (2004-2007) e no mestrado de Produción e Xestión Audiovisual da Universidade da Coruña desde a súa fundación.

Foi guionista dos programas da TVG Extramuros (1987) e Luces da Cidade (1988-1989). Foi director de Desenvolvemento e despois subdirector da compañía Voz Audiovisual, onde traballou como produtor executivo e editor de guión de series televisivas de ficción (Mareas vivas, Terra de Miranda, A miña sogra e mais eu e As leis de Celavella) e documental (Vida nas mareas e O mundo de Celavella), e da longametraxe De bares.

En 2006 comezou a traballar para o grupo Fílmax como xefe de Desenvolvemento e produtor executivo de Filmax TV. Dedicouse especialmente ao documental.

Á marxe da televisión realizou a vídeo-instalación Paso (1990). É socio fundador da editorial TrisTram.

Obras[editar | editar a fonte]

  • As catro vidas dunha película, 1995.
  • Antonio Román. Director de cine, 1999 (cunha segunda e ampliada edición en castelán: Antonio Román, un cineasta de posguerra; premio ao mellor libro universitario español do ano 2004).
  • Unha (brevísima) historia do cine, 2001.
  • No verán de 1940, 2004.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Historia do cine en Galicia (coord. José Luis Castro de Paz, 1997).
  • Diccionario del cine español (coord. José Luis Borau, 1998).
  • Diccionario do cine en Galicia (1896-2000), do que tamén foi coordinador.

Traducións[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos[editar | editar a fonte]

Premios Mestre Mateo[editar | editar a fonte]

Ano Categoría Filme Resultado
2013 Mellor guión Luci Nomeado

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]