Hrolf Ganger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estatua de Ganger en Ruán, do escultor Arsène Letellier.

Hrolf Ganger (en nórdico antigo: Göngu-Hrólfr ou Hrólfr Rögnvaldsson, en noruegués: Gange-Rolf, en sueco: Gångerolf) máis coñecido cos sobrenomes de Rollo o Camiñante ou Errante ou Rodrigo I o Rico, nado probablemente en Noruega en 870 e finado en Francia en 932 foi un caudillo viquingo. Segundo a maioría das fontes foi fillo de Rognvald Eysteinsson, Jarl de Møre.

Creou o principado viquingo que pasaría a coñecerse como Ducado de Normandía sendo os seus descendentes Duques de Normandía e Reis de Inglaterra- Foi devanceiro de Guillerme o Conquistador e da actual Casa Real británica. O alcume de Camiñante provén do seu gran tamaño, polo que ningún cabalo podía con el e tiña que camiñar.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

A orixe de Rollo é causa de acaloradas disputas entre historiadores noruegueses e daneses dende o século XIX, especialmente no período previo ao milésimo aniversario de Normandía (1911).

Segundo numerosas fontes, coma Dudo de Saint-Quentin ou Guillermo de Jumièges, Rollo era fillo dun poderoso nobre danés que sostiña enfrontamentos co Rei de Dinamarca; trala morte de seu pai, Rollo viuse obrigado a exiliarse e seu irmán, Gurim, foi asasinado.

Historiadores noruegueses e islandeses identifican a Rollo con Hrolf Ganger, fillo de Rognvald Eysteinsson, conde de Møre (oeste de Noruega). Hrolf caeu en desgraza ante o Rei Harald I e por este motivo foi exiliado

Saqueo de Francia[editar | editar a fonte]

En 885 Rollo foi un dos líderes menores da importante frota viquinga que, baixo as ordes de Sigfred, pretendía saquear Borgoña remontando o río Sena. Para seguir o transcurso do río necesitaba conquistar París e con este fin sitiou a cidade e tentou tomala pero fracasou. Tivo que aceptar entón pagar un tributo ao Emperador carolinxio de occidente Carlos III o Gordo para renunciar e marchar. Porén, Rollo quedou atrás e conquistou o norte de Francia, correspondente con Neustria, e que pasaría a coñecerse como Normandía.

En 911 lanzou un novo ataque a París, que fracasou, antes de sitiar Chartres. Á petición de axuda do Bispo de Chartres, Joseaume, acudiron o Marqués de Neustria, o Duque de Borgoña e o Conde de Dijon, enfrontándose a Rollo o 20 de xullo de 911. Rollo saíu derrotado da batalla de Chartres a pesar da ausencia do rei Carlos o Simple.

Principado de Normandía[editar | editar a fonte]

A pesar da vitoria sobre os viquingos o rei carolinxio Carlos III decidiu negociar con Hrolf Ganger para que este protexese a costa norte do reino. Coa sinatura do tratado de Saint-Clair-sur-Epte Rollo xurou vasalaxe ao rei dos francos converténdose ao catolicismo e chamándose Roberto I. A cambio, o rei recoñeceuno coma señor das terras entre o río Epte e o mar, así como de partes da Bretaña, establecendo a capital dos seus dominios en Ruán. Na actualidade existe un intenso debate sobre se Rollo chegou a ser Duque ou se ostentou un título menor.

O rei concedeulle ademais a man da súa filla, Xisela. Estableceu

A partir do ano 911 mantívose fiel á súa promesa de protexer as beiras do río Sena, mais a pesar disto seguiu actuando coma xefe viquingo, realizando ataques a Flandres.

Trala deposición de Carlos III por Roberto I en 922 Rollo entendeu que o seu xuramento chegara ao seu fin polo que comezou a súa expansión, adquirindo Le Mans, Bayeux e Bessin.

Morte[editar | editar a fonte]

En torno ao 927 Rollo cedeu o control de Normandía ao seu fillo, Guillermo I, vivindo algúns anos despois disto. Morreu en torno ao 932 recuperando antes de morrer as súas crenzas anteriores ao bautismo. Unha lenda conta que sacrificou cen prisioneiros católicos.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Rollo tivo dúas esposas.

Árbore xenealóxica do ducado de Normandía[editar | editar a fonte]

Descendencia de Rollon, Duques de Normandía en amarelo e Reis de Inglaterra en azul. Guillermo I e Henrique I foron duques de Normandía e reis de Inglaterra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Hrolf Ganger

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Predecesor:
Ningún
Duque de Normandía
912927
Sucesor:
Guillermo I