Godofredo V de Anjou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Godofredo V de Anjou
Nacemento24 de agosto de 1113
Lugar de nacementoAngers
Falecemento7 de setembro de 1151
Lugar de falecementoChâteau-du-Loir
SoterradoCatedral de Le Mans
NacionalidadeFrancia
Ocupaciónaristócrata
PaiFulque de Jerusalém
NaiErmengarda do Maine
CónxuxeMatilde de Inglaterra e Adelaide of Angers
FillosHenrique II de Inglaterra, Godofredo VI de Anjou, Hamelin de Warenne, Earl of Surrey, Mary of Shaftesbury, Emma of Anjou e Guillaume FitzEmperesse
IrmánsSibila de Anjou, Matilda of Anjou, Amalrico I de Jerusalém, Elias II, Count of Maine e Balduíno III de Jerusalém
Na rede
WikiTree: Anjou-7 Find a Grave: 8143822 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Godofredo V de Anjou, nado o 24 de agosto de 1113 e finado o 7 de setembro de 1151, foi fillo de Folque V o Novo, conde de Anjou (e rei de Xerusalén) e de Eremburga do Maine.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1129 recibiu de seu pai os condados de Anjou, Maine e Turena. O 17 de xuño de 1124 casou con Matilde de Inglaterra, filla e herdeira de Henrique I de Inglaterra, viúva do emperador Henrique V de Alemaña.

Primeiro enfrontouse a unha revolta de señores liderada por Lisardo, señor de Sable e Guido IV de Laval. Entrou no Thouars e obrigou a se someter ao vizconde Aimerico VI. Tamén se someteron os señores de Blaison, Parthenay e Mirabeau. Finalmente, tamén se someteu Peloquin, señor de L'Île Bouchard.

Henrique I morreu en 1135 pero a Coroa de Inglaterra e o Ducado de Normandía pasaron a Estevo de Blois malia as reclamacións de Godofredo, que atacou Normandía e conquistou Lisieux en 1136, pero resultou ferido. Houbo a continuación unha tregua.

A partir de 1141 iniciou a conquista de Normandía, que deu rematado en tres anos. En 1144 foi recoñecido por todos os señores.

En 1145 o seu irmán Elías rebelouse reclamando o condado do Maine e foi feito prisioneiro e morreu no cárcere (o 15 de xaneiro de 1151). Tamén someteu ao señor de Montreuil-Bellay, Xerardo de Berlai. En 1150 cedeu o ducado ao seu fillo Henrique. En agosto de 1151, mediante un tratado, cedeu o Vexin normando ao rei de Francia.

Morreu en Château-du-Loir o 7 de setembro de 1151 e sucedeuno o seu fillo máis vello Henrique I (Henrique II de Inglaterra), que nacera o 5 de maio de 1133.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
8. Godofredo II Ferreol
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
4. Folque IV o Tiburón
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18. Folque III Nerra
 
 
 
 
 
 
 
9. Ermengarda
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
2. Folque V o Novo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
10. Simón I de Montfort
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
5. Bertrada de Montfort
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
11. Inés de Evreux
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
1. Godofredo V de Anjou
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
6. Elías I de Maine
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
3. Eremburga
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
7. Matilda