Estevo I de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estevo I de Inglaterra
Rei de Inglaterra
O rei Estevo I

Outros títulosDuque de Normandía (1135 - 1144)
Nacemento1096[1]
Falecemento25 de outubro de 1154
Dover
SepulturaAbadía de Faversham, en Kent
PredecesorPrimeiro mandato: Henrique I
Segundo Mandato: Matilde I
SucesorPrimeiro mandato: Matilde I
Segundo mandato: Henrique II
ProxenitoresEstevo II de Blois
Adela de Normandía

Na rede
WikiTree: Blois-94

Estevo de Inglaterra ou Estevo de Blois, nado en 1096 e finado o 25 de outubro de 1154 en Dover, foi rei de Inglaterra de 1135 a 1144, salvo entre abril e decembro de 1141.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estevo foi o cuarto fillo home de Estevo II de Blois, conde de Blois, e de Adela de Normandía, filla de Guillerme o Conquistador.

No 1111 foi enviado a Inglaterra á corte do seu tío, o rei Henrique I, sendo nomeado conde de Mortain en 1115. Tras a morte do rei en 1135, consegue que os Baróns do reino o proclamen rei, en lugar da lexítima herdeira, Matilde.

En 1141 Matilde desembarcou en Inglaterra e na batalla de Lincoln, o rei Estevo foi capturado. Estando Estevo en prisión, Matilde foi recoñecida raíña de Inglaterra e a súa coroación foi fixada para finais dese ano. Porén, a intransixencia de Matilde á hora de reducir os impostos e a súa incapacidade para dar unha solución rápida á falta de cartos do goberno, significaron a súa deposición en novembro dese mesmo ano, antes da súa coroación. Víndose obrigada a liberar a Estevo, perdeu a coroa e un ano máis tarde volveu a Francia.

En 1144 perde o ducado de Normandía, ao ser tomado por Godofredo V de Anjou, esposo de Matilde. Ao finar o seu herdeiro Eustaquio IV, Estevo decide pactar coa casa de Plantagenet e firma o Tratado de Wallingford, polo cal designa como sucesor ao fillo de Matilde e de Godofredo V, Enrique, convertido á súa morte en Henrique II.

Finou na cidade de Dover, o 25 de outubro de 1154, aos 57 anos de idade, sendo sepultado na abadía de Faversham, en Kent.

O reinado de Estevo estivo marcado pola anarquía xeral no país e polas incesables loitas contra os partidarios de Matilde.

Matrimonio e descendentes[editar | editar a fonte]

En 1125, Estevo casou na abadía de Westminster con Matilde de Boloña, condesa de Boloña e de Lens, única filla lexítima e herdeira de Eustaquio III de Boloña.

Deste matrimonio naceron cinco fillos:

  • Balduíno de Blois (1126 - 1135).
  • Eustaquio IV de Blois (1127 - 1153), conde de Boulogne, herdeiro do trono de Inglaterra; casado con Constanza de Francia (1124 - 1176).
  • María de Blois (1131 - 25 de xullo de 1180), condesa de Boulogne ao suceder ao seu irmán (1159), abadesa de Ramsey tralo seu divorcio; casada con Matthias de Lorena (1140 - caído en batalla o 25 de xullo de 1173), pero o matrimonio é anulado en 1170.
  • Matilde de Blois (1133 - 1137).
  • Guillerme de Blois (1134 - 11 de outubro de 1159), conde de Boloña ao suceder ao seu irmán máis vello (1153), e conde de Mortain ao suceder ao seu pai (1154), conde de Surrey e de Warenne pola súa voda.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Stephen (of Blois)". Archontology.org (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 7 de novembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Henrique I
Rei de Inglaterra
1135 - abril de 1141
Sucesor:
Matilde de Inglaterra
Predecesor:
Matilde de Inglaterra
Rei de Inglaterra
decembro de 1141-1154
Sucesor:
Henrique II
Predecesor:
Henrique I
Duque de Normandía
1135 - 1144
Sucesor:
Godofredo