Ari Thorgilsson
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1067 Islandia |
| Morte | 9 de novembro de 1148 |
| Relixión | Igrexa católica |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Literatura, historia e escritura de crónicas |
| Lugar de traballo | Islandia |
| Ocupación | escritor, poeta, historiador, cronista |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Familia | Haukdælir |
| Pai | Þorgils Gellirsson |
| Descrito pola fonte | Library of the World's Best Literature Collier's New Encyclopedia |
Ari Thorgilsson (Ari Þorgilsson, en islandés), tamén coñecido coma Ari o Erudito (Ari fróði, en islandés), nado en 1067 e finado o 9 de novembro de 1148, foi un historiador, escritor e o principal cronista medieval islandés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro do clan dos Haukdælir, unha das principais familias medievais islandesas, crese que chegou a ser ordenado crego, mais non se sabe con certeza. Pouco máis se coñece da vida persoal de Ari.
Familiarizado coas crónicas latinas e en contacto coa tradición oral islandesa, é autor dos principais libros das sagas nórdicas: o Libro dos Islandeses, onde narra os sucesos principais da historia de Islandia dende o tempo do seu primeiro colono, o noruegués Ingólfr Arnarson, arredor do 870 e ata o 1120, e o Libro dos Reis, que conta a historia dos reis de Noruega. Probablemente fose tamén o autor do Libro dos Asentamentos, onde se refire ao descubrimento e colonización de Islandia, así como á xenealoxía dos seus primeiros poboadores
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Portela, Elías, 2010. Introdución en Saga dos groenlandeses. Saga de Erik o Roxo, tradución de Elías Portela, Rinoceronte Editora.