Ricardo II de Normandía
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de agosto de 963 Normandía |
| Morte | 23 de agosto de 1026 Fécamp |
| Lugar de sepultura | Catedral de Ruán |
| Duque de Normandía | |
| 996 – 1026 ← Ricardo I de Normandía – Ricardo III de Normandía → | |
| Actividade | |
| Ocupación | feudatario |
| Outro | |
| Título | Duque |
| Familia | Casa de Normandía |
| Cónxuxe | Papia of Envermeu (1024 (Gregoriano)–) Judite da Bretanha (1000 (Gregoriano)–) Estride Svendsdatter |
| Fillos | Papia de Normandie ( Maugério ( William de Féchamp ( Ricardo III de Normandía ( Alice da Normandia ( Roberto I de Normandía ( Leonor da Normandia ( Matilda de Normandie ( William of Talou ( |
| Pais | Ricardo I de Normandía |
| Irmáns | Geoffrey, Count of Eu William, Count of Eu Roberto de Évreux Avoise da Normandia Maud of Normandy Ema da Normandia |
Ricardo II de Normandía, nado o 23 de agosto de 963 e finado o 28 de agosto de 1027), chamado Ricardo o Bo, foi fillo e herdeiro do duque Ricardo sen medo, e gobernou o ducado desde 996 ata a súa morte.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Durante o seu reinado, enfrontouse a unha insurrección dos campesiños e promoveu unha reforma dos mosteiros normandos. Axudou ao rei Roberto II de Francia a loitar contra o ducado de Borgoña e detivo os ataques ingleses que o rei Etelred II emprendeu contra a Península de Cotentín.
Para mellorar as relacións con Inglaterra promoveu o matrimonio da súa irmá Emma co rei Etelred. Aínda que a raíña Emma estaba mal vista polos ingleses, esta conexión permitiría ao seu neto Guillerme o conquistador reclamar o trono de Inglaterra medio século despois.
Familia
[editar | editar a fonte]Devanceiros
[editar | editar a fonte]| 8. Rollo | ||||||||||||||||
| 4. Guillerme I de Normandía | ||||||||||||||||
| 9. Poppa | ||||||||||||||||
| 2. Ricardo I de Normandía | ||||||||||||||||
| 5. Sprota | ||||||||||||||||
| 1. Ricardo II de Normandía | ||||||||||||||||
| 3. Gunnora | ||||||||||||||||
Matrimonios e descendencia
[editar | editar a fonte]En 996 casou en primeiras nupcias con Judit de Rennes (982-1017), filla de Conan I da Bretaña. Os fillos da unión foron:
- Ricardo (c. 1003), duque de Normandía.
- Adelaida (c. 1004), muller de Renaud I de Borgoña.
- Roberto (c. 1006), duque de Normandía e pai de Guillerme o conquistador .
- Guillerme (c. 1008).
- Elionor (c. 1012), muller de Balduíno IV de Flandres.
- Matilde (c.1014), monxa de Fecamp.
En segundas nupcias casou con Poppa de Envermeu, con quen tivo dous fillos:
- Mauger (c. 1019), arcebispo de Rouen.
- Guillerme (c. 1022), conde de Arques.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ricardo II de Normandía |