Gisela de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gisela de Francia
Nacemento911 e c. 895
Falecementoséculo IX, c. 920 e 919
Ocupaciónaristócrata
PaiCarlos III de Francia
NaiFrederuna
CónxuxeHrolf Ganger
IrmánsLuís IV de Francia e Hildegarde of France
Na rede
WikiTree: Carolingian-74
editar datos en Wikidata ]

Gisela, tamén escrita coma Gisella ou Giséle, foi a filla do rei de Francia Carlos III e segunda esposa do caudillo viquingo e primeiro Duque de Normandía Rollo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O seu matrimonio en 911 co caudillo viquingo Hrolf Ganger, ou Rollo, formaba parte do tratado asinado entre este e o rei de Francia, seu pai, segundo o cal Hrolf Ganger obtiña a rexión de Normandía a cambio de protexer as costas francesas dos ataques viquingos, converterse ao catolicismo e xurar lealdade ao rei francés Carlos III.

Polo tanto é considerada como a primeira Duquesa de Normandía.

Non se teñen moitas referencias do seu nacemento e sobre o seu matrimonio, habendo dúbidas sobre a súa existencia e sobre se en realidade era unha filla bastarda de Carlos III.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Dicionario sobre heroes medievais (en inglés)

Precedido por
Ningunha


Duquesa de Normandía
911–9??
Sucedido  por
Luitgarde de Vermandois