Guillerme I de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Guillerme I de Escocia

Guillerme I (gaélico escocés medieval: Uilliam mac Eanric; gaélico escocés moderno: Uilleam mac Eanraig), nado en 1142 ou 1143 e finado o 4 de decembro de 1214, foi rei de Escocia (1165-1214) logo da morte do seu irmán Malcolm IV o 9 de decembro de 1165.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Henrique de Escocia e Ada de Warenne, foi brevemente conde de Northumbria (1153-1157). Tralo seu acceso ao trono participou na revolta de tres dos fillos de Henrique II de Inglaterra contra seu pai pero as forzas fieis a Henrique capturárono en Alnwick o ano 1174, enviado como prisioneiro a Falaise (Normandía) tivo que recoñecerlle vasalaxe ao rei inglés ao asinar o tratado de Falaise, polo que recoñecía a dependencia de Escocia e cedíalle a Inglaterra Edimburgo, Roxburg e Berwick. Tras a sinatura do tratado puido volver a Escocia pero xa sen o título de conde de Huntingdon. Así e todo en 1189 o rei inglés Ricardo I, necesitado de fondos para participar na Terceira Cruzada, declarou nulo o tratado de Falaise liberando a Guillerme de calquera vincallo feudal en troques de 10.000 marcos de prata.

Descendencia[editar | editar a fonte]

Casou o 5 de setembro de 1186 en Inglaterra con Ermengarda de Beaumont, filla de Richard I de Beaumont, con ela tivo catro fillos:

  1. Margarida (11931259), casou con Hubert de Burgh, conde de Kent.
  2. Isabela (11951253), casou con Roger Bigod, conde de Norfolk.
  3. Alexandre II de Escocia (11981249).
  4. Marjorie (120044), casou con Gilbert Marshal, conde de Pembroke.