Malcolm IV de Escocia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de abril de 1141 Reino de Escocia |
| Morte | 9 de decembro de 1165 Jedburgh |
| Lugar de sepultura | Abadía de Dunfermline |
| Conde de Huntingdon | |
| 1157 – 9 de decembro de 1164 ← Simon II de Senlis, Earl of Huntingdon-Northampton (en) | |
| Monarca de Escocia | |
| 24 de maio de 1153 – 9 de decembro de 1165 ← David I de Escocia – Guillerme I de Escocia → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Familia | Casa de Dunkeld |
| Fillos | unknown son (?) |
| Pais | Henrique de Escocia |
| Irmáns | Margarida de Huntingdon Ada de Huntingdon Guillerme I de Escocia David de Huntingdon |
| Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Malcolm IV (gaélico escocés medieval: Máel Coluim mac Eanric; gaélico escocés moderno: Maol Chaluim mac Eanraig), nado o 23 de abril ou 24 de maio de 1141 e finado o 9 de decembro de 1165, foi rei de Escocia de 1153 ao 9 de decembro de 1165.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Malcolm era o fillo máis vello de Henrique de Escocia e de Ada de Warenne. Logo da morte prematura de seu pai o 12 de xuño de 1152 converteuse no herdeiro ao trono escocés sucedendo ao seu avó, David I de Escocia o 24 de maio de 1153.
En 1157 perdeu o condado de Northumbria que pasou a Henrique II de Inglaterra, este en compensación deulle o de Huntingdon que xa pertencera ao seu pai. Acompañou a Henrique nunha campaña contra o conde de Tolosa en 1159. En Escocia o seu curto reinado caracterizouse polas loitas contra os rebeldes do oeste, en 1160 de Fergus de Galloway e en 1164 Somerled nas Hébridas.
Malcolm quen sempre tivo mala saúde morreu aos 24 anos no castelo de Jedburg e foi soterrado na abadía de Dunfermline.