Roberto II de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roberto II de Escocia

Roberto II, chamado Estuardo (Stewart, que significa o Senescal ou o Administrador, un título que deu nome á Casa Estuardo), nado a comezos de 1316 e finado o 19 de abril de 1390, foi rei de Escocia, gobernando dende 1371 ata a súa morte.

Roberto era fillo único de Walter Estuardo, 6o Alto Administrador de Escocia (morto en 1326) e María Bruce, filla do rei Roberto I Bruce e da súa primeira esposa Isabella de Mar. Naceu por cesárea, sobrevindo a súa nai poucas horas ao seu nacemento.

En 1318 o parlamento escocés decretou que se o rei Roberto I morría sen fillos a coroa debería pasar ao fillo de María, pero o nacemento dun fillo varón (que despois sería David II) de Roberto I de Escocia en 1324 pospuxo o acceso de Roberto durante case corenta e dous anos. O Rei David II chegou ao trono en 1329, e a partir de entón, Estudardo comezaría a tomar parte máis activa da política do Reino de Escocia. Foi un dos comandantes que lideraron ao exército escocés na batalla de Halidon en xullo de 1333; e tras algúns éxitos dos partidarios do pretendente ao trono escocés, Eduardo Balliol, no oeste de Escocia, el e John Randolph, 3º Conde de Moray (m. 1346), foron escollidos como os rexentes do reino, mentres David buscaba a seguridade en Francia.

Casado en primeiras nupcias con Isabel Mure Rowallan, filla do señor Adán Mure Rowallan, en 1336. pero como o matrimonio fora cualificado coma non canónico, volveu casar con ela en 1349. Tiveron polo menos dez fillos:

  • Alexandre Estuardo, o Lobo de Badenoch (¿?- 1405), Conde de Buchan.
  • Roberto Estuardo (¿?- 1420), Conde de Fife e Duque de Albany. Rexente do reino (1401- 1420).
  • Margarida Estuardo, casada con Xoén de Islay, Señor das Illas.
  • María Estuardo, casada con Xoén Dunbar, 5º Conde de Moray, e volve casar con Alexandre Keith.
  • Johanna Estuardo, casou en 1373 con Sir Xoén Keith, en 1379 con Sir Xoén Lyon i en 1384 con Sir Xacobe Sandilands.
  • Isabella Estuardo, casou con Xacobe Douglas, 2º Conde de Douglas, e despois con David Edmondstone.
  • Catalina Estuardo.

De unhas unións extramatrimoniais naceron:

  • Tomás Estuardo, Archidean e Bispo de Saint Andrews.
  • Xoán de Bute, cuxos descendentes serían os Condes e marqueses de Bute.
  • Xoán "o roxo" de Dundonald.
Predecesor:
David II
Royal coat of arms of Scotland.svg
Rey de Escocia

1371 - 1390
Sucesor:
Roberto III de Escocia