Pembroke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Principal rúa de Pembroke vista desde o castelo

Pembroke (en galés: Penfro) é unha comunidade de 7552 habitantes[1], antiga sede do do condado de Pembrokeshire, no oeste de Gales. Sitúase no sur da liña Landsker que separa a área de lingua galesa, ao norte, da anglofalante no suroeste galés, onde o inglés é a lingua da poboación desde hai séculos e coñecido en galés como Sir Benfro Saesneg (Pembrokeshire inglés)[2], aínda así 16,4% da poboación amosa coñecementos de galés, e un 10,6% afirman que poden falalo[3], con altas incidencias nos menores de 25 anos[4]. No castelo de Pembroke, construído polo normando Roger de Montgomerie durante a invasión normanda de Gales naceu Henrique VII de Inglaterra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Censo 2011 - Poboación". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 11 de marzo de 2015. 
  2. Awbery, Gwenllian M, Cymraeg Sir Benfro/Pembrokeshire Welsh, Llanrwst, 1991
  3. Censo 2001 - Lingua galesa
  4. Censo 2011 -Lingua galesa por idade e sexo