Xacobe I de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xacobe I de Escocia (en inglés: James). Nado en Dunfermline o 25 de xullo de 1394 e finado en Perth o 21 de febreiro de 1437. Rei de Escocia entre 1406 e 1437.

Xacobe I de Escocia

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xacobe foi fillo de Roberto III e Anabella Drummond. Tivo unha infancia axitada. En 1402 o seu irmán máis vello, David, morreu de fame na prisión de Falkland en Fife. Antes da morte do seu pai (Roberto III), en 1406, Xacobe foi enviado a Francia para a súa seguridade[1].

Prisioneiro dos ingleses[editar | editar a fonte]

No camiño, os ingleses o capturaron e foi levado ante Henrique IV de Inglaterra quen o fixo o seu prisioneiro e pedíu un rescate. O imán do rei escocés Roberto Estuardo asegurou a liberación do seu fillo, Murdoch, quen foi capturado ao mesmo tempo que Xacobe, mais non a de este. Durante 18 anos, Xacobe foi prisioneiro e educado no castelo Windsor e en varios poboados preto de Londres.

Durante o cativerio Xacobe escribiu The Kingis Quair, unha das mellores obras temperás da literatura escocesa.

Liberación e matrimonio[editar | editar a fonte]

Tras a morte do seu tío en 1420, o rescate de £40,000 foi finalmente pagado, e en 1424 Xacobe regresou a Escocia para atopar un país en caos. Levou a súa esposa con el -casara con Xuana Beaufort mentres era prisioneiro en en Londres o 2 de febreiro de 1423. Tiveron oito fillos:

Rei de Escocia[editar | editar a fonte]

Xacobe foi formalemente coroado Rei de Escocia na abadía de Scone, Pertshire, o 2 (ou 21) de maio de 1424. Inmediatamente tomou fortes accións para rexenerar a autoridade e o control. Unha de tales acciones foi a execución da familia Albany, quen opuxerase as súas accións. A execución de Murdoch, e dous dos seus fillos tiveron lugar o 24 de maio de 1425, no castelo Hill, Stirling.

Reinou con man dura sobre o país e logrou numerosas reformas financeiras e legais.

As súas accións en todas partes do seu reinado, aínda que eficaces, molestaron a moitas persoas. Durante os anos posteriores do seu reinado, os seus opositores traballaron para derrocalo[2].

Foi asasinado en Perth, no marco dunha conspiración nobiliaria.

Predecesor:
Roberto III
Royal coat of arms of Scotland.svg
Rei de Escocia

1406 - 1437
Sucesor:
Xacobe II

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Xacobe I de Escocia Diclib. Consultado o 09 de novembro de 2012.
  2. Jacobo, I Rey de Escocia La web de las biografías. Consultado o 09 de novembro de 2012.