Saltar ao contido

Castelo de Stirling

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Stirling


Tipocastelo e atracción turística Editar o valor en Wikidata
InstalaciónsBaño accesible Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 56°07′26″N 3°56′52″O / 56.1239, -3.9478
EstadoReino Unido
PaísEscocia
ConcelloStirling Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónStirling Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Siege of Stirling Castle (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aHistoric Environment Scotland Editar o valor en Wikidata
Operador/aHistoric Environment Scotland Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Monumento planificado
Data22 de febreiro de 1994
Composto por
Contacto
Páxina WEBstirlingcastle.scot Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: visitstirlingcastle Twitter: stirlingcastle Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O castelo de Stirling (en escocés: Caisteal Shruighlea) é un histórico castelo na cidade de Stirling, Escocia. Foi construído no cumio do "outeiro do castelo" (the castle hill), un pico de orixe volcánico, e está rodeado por tres dos seus lados por cantís cortados a pico. O castelo de Stirling está catalogado como Monumento Nacional.

O castelo alberga igualmente o cuartel xeral, así como o museo, dun Rexemento do Exército Británico, a pesar de que dito rexemento xa non teña a súa base no lugar.

A maior parte dos edificios principais do castelo datan dos séculos XV e XVI, se ben algúns edificios son anteriores, en concreto do século XIV. As defensas exteriores do castelo que dan cara a cidade, datan de comezos do século XVIII.

A principios do século XIV, o castelo sufriu un sitio polas tropas inglesas de Eduardo I, no marco das chamadas Guerras de independencia de Escocia. Os historiadores indican que foi durante dito asalto cando Warwolf, o maior trabuco que nunca antes se construíra, foi utilizado por vez primeira, e con efectos devastadores.

A muralla que protexe a entrada ó castelo propiamente dito, foi construída por Xacobe III de Escocia, constituíndo orixinalmente unha parte do sistema de fortificacións que rodeaba e protexía a base rochosa.