Donald I de Escocia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 812 Iona, Reino Unido |
| Morte | 13 de abril de 862 Perthshire, Reino Unido (pt) |
| Lugar de sepultura | Abadía de Iona |
| Monarca de Escocia | |
| 13 de febreiro de 858 – 13 de abril de 862 ← Kenneth I de Escocia – Constantino I de Escocia → | |
| Lista de reis dos pictos | |
| 858 – 862 ← Kenneth I de Escocia – Constantino I de Escocia → | |
| Actividade | |
| Ocupación | rei |
| Familia | |
| Familia | Casa de Alpin |
| Fillos | Giric de Escocia |
| Pai | Alpín mac Echdach |
| Irmáns | Kenneth I de Escocia |
| Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Domnall mac Ailpín (gaélico moderno:Dòmhnall mac Ailpein),[1] anglificado ás veces como Donald MacAlpin, e coñecido nas listas máis modernas de reis como Donald I. Nado no 812 e finado o 13 de abril do 862. Foi rei dos pictos de 858 a 862. Sucedeu ao seu irmán Kenneth MacAlpin (Cináed mac Ailpín) no trono.
Na Crónica dos reis de Alba dise que Domnall reinou durante catro anos; segundo os Anais do Ulster desde a morte de seu irmán en febreiro de 858 ata abril de 862.[2] Na Crónica:
No seu momento os gaels co seu rei fixeron os dereitos e as leis do reino, [chamadas] do fillo de Eochaid, Aed, en Forteivot [3]
As leis de Aed Find están totalmente perdidas, pero suponse que, ao igual que as leis atribúense a Giric e Constantino II (Caustantín mac Áeda), relacionadas con estes á Igrexa e en particular á concesión dos privilexios e inmunidades comúns noutros lugares.[4] A importancia de Forteviot como centro lexislativo, xunto coa morte de Kenneth e a posterior asemblea de Constantino na próxima Scone, poden sinalar este como o corazón do apoio aos filos de Alpin.
A Profecía de Berhchán pode referirse a Donald nos versos 123-124:
O mal será a parte de Escocia debido [á morte de Kenneth MacAlpin]; moito tempo será a isto ata que veña. Moito tempo ata que o rei tome [a soberanía], o fillo cruel da esposa estranxeira. El estará tres anos no reino e tres meses (aínda lles pese a eles). A súa lápida estará en Loch Awe. Morirá de enfermidade.[5]
Aínda que polo xeral suponse que Domnall tivo fillos (supostamente Giric), lendo o seu apelido como mac Domnaill en lugar do común Dúngail.[6] Isto, porén, non é amplamente aceptado.[7]
Donald finou no Palacio de Cinnbelachoir (localización descoñecida) ou en Rathinveralmond (tamén descoñecido, podendo ser o mesmo lugar, crese que estaba preto da bifurcación do río Almendra e o río Tay.) [8] Foi enterrado en Iona.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Anderson, Alan Orr, Early Sources of Scottish History A.D 500–1286, volume 1. Reprinted with corrections. Paul Watkins, Stamford, 1990. ISBN 1-871615-03-8
- Duncan, A. A. M., The Kingship of the Scots 842–1292: Succession and Independence. Edinburgh: Edinburgh University Press, 2002. ISBN 0-7486-1626-8
- Smyth, Alfred P., Warlords and Holy Men: Scotland AD 80–1000. Edinburgh UP, Edinburgh, 1984. ISBN 0-7486-0100-7
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Predecesor: Kenneth I de Escocia |
Rei de Escocia 858–862 |
Sucesor: Constantino I de Escocia |