Xacobe II de Escocia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xacobe II de Escocia.

Xacobe II, nado en Edimburgo, o 16 de outubro de 1430, e finado en Roxburgo o 3 de agosto de 1460, foi o rei de Escocia dende 1437 até a súa morte. Era fillo de Xacobe I e Xoana Beaufort,[1] ascendendo ó trono ós seis anos, após o asasinato do seu pai.

Tivo unha minoría de idade moi axitada, cos rexentes William Crichton e Alexander Livingstone, que se viu marcada pola execución en 1440 de William e David Douglas por Crichton, que despois foi declarado proscrito por Livingston e William Douglas, nomeados lugartenentes do reino. En 1444, formouse unha liga entre William Douglas, conde de Crawford, e John, conde de Ross e señor das Illas, pero en 1452 morreu polo rei en 1455 exiliando o seu fillo James a Inglaterra.

Trasladou definitivamente a capital escocesa de Perth a Edimburgo e en 1450 fundou unha nova universidade en Glasgow baixo o patrocinio do chanceler James Kennedy, bispo de Saint Andrew. Naquela época, o parlamento escocés foi complementado por institucións como o Consello Xeral e a Convention of Estates, parlamentarios sen poderes xudiciais. En 1448, venceu os ingleses en Sark. Ademais, apoiou os nobres ingleses da casa de Lancaster contra a casa rival de York na Guerra das Dúas Rosas, o cal provocou a súa morte no asedio de Roxburgh en 1460.

En 1449, casou con María de Gelderland.[2]

Predecesor:
Xacobe I
Royal Arms of the Kingdom of Scotland.svg
Rei de Escocia

1437 - 1460
Sucesor:
Xacobe III

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mortes reiais. Revista Sàpiens (papel) (Barcelona: Sàpiens Publicacions). outubro de 2013. pp. p.16. ISSN 1695-2014. 
  2. Meagher, Jennifer. Biografía de Petrus Christus en Metropolitan

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • 'The Auchinleck Chronicle', printed in McGladdery, James II, Appendix 2, pp 160–73.
  • M. Brown, The Black Douglases (East Linton, 1998).
  • C. McGladdery, James II (Edinburgh, 1990).
  • R Tanner, The Late Medieval Scottish Parliament: Politics and the Three Estates, 1424-1488 (East Linton, 2001).