Nechtan nepos Uerb
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VI |
| Morte | 620 |
| Lista de reis dos pictos | |
| 600 – 621 ← Gartnait II – Cinioch → | |
| Rei de Strathclyde | |
| ← Rhydderch Hael – Beli I de Alt Clut (pt) | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Fillos | Beli I de Alt Clut |
Nechtan, neto de Uerb, morto no ano 616 foi un rei dos pictos dende o ano 595 até o 616. Suxeriuse que Nechtan é a mesma persoa que Neithon que gobernou o reino de Alt Clut.[1]
Segundo a Crónica picta, Nechtan reinou durante 20 ou 21 anos. Mentres que a morte do seu predecesor Gartnait é citada no 597 polos Anais de Tigernach, a morte de Nechtan non está rexistrada con certeza. Puido ter sido Nechtan, fillo de Canu, cuxa morte aparece nos Anais do Ulster no 621, malia que esta hipótese é difícil de cadrala coa idea de que era Neithon, fillo de Guipno, fillo de Dyfnwal Hen de Alt Clut.[2]
| Predecesor: Gartnait II |
Rei dos pictos 554 - 584 |
Sucesor: Cinioch |