Ingo Hoffmann
Ingo Hoffmann | |
![]() En 2007, como piloto de Stock Car Brasil | |
Carreira na Fórmula 1 | |
Nacionalidade | ![]() |
---|---|
Anos en activo | 1976 - 1977 |
Escudería(s) | Fittipaldi |
Grandes Premios disputados | 6 (3 saídas) |
Campionatos | 0 |
Vitorias | 0 |
Podios | 0 |
Pole positions | 0 |
Voltas rápidas | 0 |
Primeiro GP | Gran Premio do Brasil de 1976 |
Derradeiro GP | Gran Premio do Brasil de 1977 |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Ingo Hoffmann, nado o 28 de febreiro de 1953, é un expiloto brasileiro da cidade de São Paulo. Participou en seis Grandes Premios de Fórmula Un, debutou o 25 de xaneiro de 1976. Non anotou ningún punto de campionato.
Historia[editar | editar a fonte]
Inicios[editar | editar a fonte]
Hoffman comezou a súa carreira no Brasil competindo en Fórmula Vee e coche berlinas.[1] Marchou a Inglaterra en 1975 e competiu na Fórmula 3 nun March,[1] antes de pasar a Fórmula 1 en 1976.
Anos na Fórmula 1[editar | editar a fonte]
A carreira de Fórmula Un de Hoffmann viuse obstaculizada polos problemas financeiros do equipo de Fittipaldi, e pilotou o segundo coche do equipo cando realmente o equipo só podía permitirse correr con un. Isto significou que Hoffmann só participou en determinadas carreiras seleccionadas, e, finalmente, o segundo coche foi abandonado por completo. Participou en catro Grandes Premios en 1976, non se clasificou para tres deles e logrou un undécimo lugar, foi o mellor resultado conseguido. En 1977, Hoffman competiu no Gran Premio da Arxentina de 1977 en Bos Aires, e nuevamente no Gran Premio do Brasil de 1977 en Interlagos, onde terminou sétimo, a dúas voltas do gañador. Con todo, esa foi a última carreira de Hoffman na Fórmula 1, xa que retirouse o segundo coche de Fittipaldi.
Logo da Fórmula Un[editar | editar a fonte]
Co final da súa carreira na Fórmula Un, Hoffmann competiu na Fórmula 2 e no proxecto catro cun Ralt e un March en 1977 e 1978, (que foi o seu último ano en Europa). Tamén competiu en coches deportivos e berlinas tanto en Europa como en Suramérica. En particular, Ingo Hoffmann gañou 12 veces o Campionato Stock Car do Brasil (1980, 1985, 1989-1994, 1996-1998 e 2002). En decembro de 2006, logrou a súa vitoria número 100 (nas carreiras nos circuítos brasileiros) no Autódromo Internacional Nelson Piquet na carreira final da tempada 2006.
Resultados completos na Fórmula Un[editar | editar a fonte]
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1976 | Copersucar-Fittipaldi | Fittipaldi FD03 | Cosworth V8 | BRA 11 |
RSA | NC | 0 | |||||||||||||||
Fittipaldi FD04 | USW NSC |
ESP NSC |
BEL | MON | SWE | FRA NSC |
GBR | ALE | AUT | NED | ITA | CAN | USA | XPN | ||||||||
1977 | Copersucar-Fittipaldi | Fittipaldi FD04 | Cosworth V8 | ARX Ret |
BRA 7 |
RSA | USW | ESP | MON | BEL | SWE | FRA | GBR | ALE | AUT | NED | ITA | USA | CAN | XPN | NC | 0 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness Publishing. p. 190. ISBN 0851127029.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ingo Hoffmann ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Instituto Ingo Hoffmann
- Entrevista com Ingo Hoffman - an interview about his career
- Biography at F1 RejectsArquivado 22 de marzo de 2006 en Wayback Machine.