Goiás, Brasil
Himno | Hino de Goiás (pt) (2001) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Goyazes (pt) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Brasil | ||||
Capital | Goiânia | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.730.848 (2016) (19,79 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua avá-canoeira (pt) Língua carajá (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Rexión Centro-Oeste do Brasil | ||||
Superficie | 340.086 km² | ||||
Altitude | 607 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1889 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | secretariado do governo de Goiás (pt) | ||||
• Governador (pt) | Ronaldo Caiado (pt) (2019–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa de Goiás (pt) , (Escano: 41) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BR-GO | ||||
Páxina web | goias.gov.br |
Goiás é un estado brasileiro situado case ó centro do país, na rexión Centro-Oeste. Ten como límites o estado de Tocantins ó norte, Baía e Minas Xerais ó leste, Minas Xerais ó sueste e sur, o Mato Groso do Sur ó suroeste, e Mato Groso ó oeste. O Distrito Federal está encravado ó leste do estado.
A súa capital é Goiânia, inaugurada ó 1935 e que ten hoxe máis de 1,2 millón de habitantes. Outras cidades importantes son: Aparecida de Goiânia (453 mil habitantes), Anápolis, Itumbiara, Río Verde, Luziânia e Catalão.
Relevo
[editar | editar a fonte]O relevo de Goiás e case todo de terras planas ó oeste e áreas máis montañosas ó leste, cuxas altitudes sitúanse entre os 200 e os 800 metros. Os ríos Paranaíba, Aporé, Araguaia, São Marcos, Corumbá, Aporé, Paranã e Maranhão son os principais do estado.
- Clima
O clima predominante no estado é o tropical co dúas estacións: unha mais chuviosa entre outubro e marzo, e outra máis seca entre abril e setembro. Nos meses máis secos, a humidade relativa do ar pode caer abaixo dos 20% tornándose desagradábel para as poboacións.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía baséase no comercio, na industria (mineira, alimenticia, roupas, móbiles, metalurxia, madeireira), na gandería (principalmente bois e búfalos) e na agricultura (soia, arroz, algodón, cana de azucre).
Principais concellos
[editar | editar a fonte](habitantes en xullo de 2006)
- Goiânia – 1 220 412
- Aparecida de Goiânia – 453.104
- Anápolis – 318.818
- Luziânia – 187.262
- Águas Lindas de Goiás – 168.919
- Rio Verde – 136.229
- Valparaiso de Goiás – 123.921
- Trindade – 102.430
- Planaltina - 98.441
- Novo Gama – 96.442
- Formosa – 92.331
- Itumbiara - 84.496
- Jataí – 84.922
- Santo Antônio do Descoberto – 78.995
- Senador Canedo – 74.687
- Catalão – 71.680
- Caldas Novas – 68.508
- Goianésia – 53.317
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Goiás |