Saltar ao contido

Giuliano Sarti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGiuliano Sarti

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de outubro de 1933 Editar o valor en Wikidata
Castello d'Argile Editar o valor en Wikidata
Morte5 de xuño de 2017 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Roma Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaItalia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1952–1953 A.S.D. Centese 1913
1954–1963   ACF Fiorentina 220(0)
1963–1968   Inter de Milán 147(0)
1968–1969 Juventus FC 10(0)
  Selección nacional Número de eventos xogados
1959–1967   Italia 8(5)
  Adestrador Número de eventos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Associazione Sportiva Lucchese Libertas 1905 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

UEFA: 36663 Editar o valor en Wikidata

Giuliano Sarti, nado en Castello d'Argile, Boloña, o 2 de outubro de 1933 e finado en Florencia o 5 de xuño de 2017, foi un futbolista italiano, que xogaba como porteiro.

Considerado un dos mellores porteiros da historia do fútbol italiano,[1][2][3] pasou os mellores anos da súa carreira coas camisetas da Fiorentina e do Inter, gañando un total de tres títulos da Serie A, unha Copa Italia, dúas Copas de Europa, dúas Copas Intercontinentais e unha Recopa de Europa.

A IFFHS colocouno no posto 43º nunha lista de mellores porteiros europeos do século XX.[4]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse como porteiro nas canteiras do San Matteo della Decima e do Centese,[5] disputou co Bondenese o campionato de Promoción Rexional, xogando como titular, e en 1954 fichou xunto con Raul Tassinari pola Fiorentina.

Fiorentina

[editar | editar a fonte]

Co equipo violeta debutou na Serie A o 24 de abril de 1955 nun partido ante o Napoli. Na tempada 1955/56, coa retirada de Leonardo Costagliola, fíxose coa titularidade na portería toscana. O equipo, adestrado por Fulvio Bernardini, mantívose invicto ata a derradeira xornada, na que perdeu contra o Genoa, e proclamouse por primeira vez campión de liga, con 12 puntos de vantaxe sobre o Milan.

O título supuxo a clasificación para a segunda edición da Copa de Europa, competición na que a Fiorentina acadou a final, perdendo esta contra o Real Madrid. A pesar da derrota, a boa actuación de Sarti na final, valeulle os eloxios de Alfredo Di Stéfano.[6][7] Nas seguintes tempadas conseguiu varios subcampionatos de liga e continuou como titular aínda despois da irrupción de Enrico Albertosi. Coa Fiorentina gañou tamén a Copa Grasshoppers en 1957, unha Copa de Italia e a primeira edición da Recopa de Europa.

Inter de Milán

[editar | editar a fonte]

No verán de 1963 fichou polo Inter de Milán de Helenio Herrera, que gañara a liga o ano anterior. Na primeira tempada perdeu o desempate polo scudetto contra o Bologna, pero gañou a Copa de Europa, sendo titular na final contra o Real Madrid. Repetiu título ao ano seguinte, derrotando desa vez ao Benfica de Mário Coluna e Eusébio. Gañou ademais liga nas tempadas 1964/65 e 1965/66, e tamén dúas Copas Intercontinentais, en 1964 e 1965.

En 1967 disputou a súa cuarta final da Copa de Europa, dez anos despois da primeira, realizando unha boa actuación contra o Celtic de Glasgow en Lisboa, pero perdendo 2-1. No campionato doméstico o seu equipo liderou a táboa ata a derradeira xornada, cando un erro seu propiciou o 1-0 do Mantova, relegando o equipo milanés ata a segunda praza, por detrás da Juventus de Heriberto Herrera.[1][8][9]

Juventus e retirada

[editar | editar a fonte]

En 1968, xa con trinta e cinco anos, pasou á Juventus, onde xogou unha tempada. Finalmente militou unha última campaña co Unione Valdinievole da Serie D, antes de retirarse en 1970.

Selección italiana

[editar | editar a fonte]

Foi 8 veces internacional coa selección italiana, coa que debutou o 29 de novembro de 1959 ante Hungría.

En 1967 formou parte da selección do Resto do Mundo que se enfrontou á selección española para celebrar o 65 aniversario do porteiro catalán Ricardo Zamora. O equipo da FIFA gañou 3-0 e participaron nel outros catro italianos: Tarcisio Burgnich, Gianni Rivera, Sandro Mazzola e Mario Corso. Foi o terceiro porteiro italiano convocado pola FIFA, despois de Aldo Olivieri nos anos 40 e Lorenzo Buffon nos 50.

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Fiorentina
Inter de Milán
  1. 1 2 "Vi ricordate Sarti? Noi vi diciamo come vive". Corriere dello Sport - Stadio (en italiano). 4 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2022.
  2. Nassetti, Filippo (8 de xaneiro de 2016). "5 portieri scudettati per 50 anni di Inter, visti da Luciano Castellini" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2016. Consultado o 28 de marzo de 2022.
  3. "Italy - Keeper of the Century". rsssf.com (en inglés). Consultado o 28 de marzo de 2022.
  4. "il miglior portiere del secolo: Zoff tra i 7 candidati". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 12 de agosto de 1998. Consultado o 28 de marzo de 2022.
  5. "Il portiere che non è mai diventato un ex". La Nazione (en italiano). 2 de xuño de 2013. p. 16.
  6. Pozzo, Vittorio (31 de maio de 1957). "E' caduta in piedi la Fiorentina a Madrid". La Stampa (en italiano). p. 5. Consultado o 28 de marzo de 2022.
  7. Battistuzzi, Giovanni (6 de xuño de 2017). "La perfetta geometria del calcio di Giuliano Sarti" (en italiano). Consultado o 28 de marzo de 2022.
  8. "Biografia di Giuliano Sarti". cinquantamila.it (en italiano). Consultado o 28 de marzo de 2022.
  9. Accatino, Giulio (2 de xuño de 1967). "Di Giacomo decide per i mantovani: 1 a 0". La Stampa (en italiano). p. 9. Consultado o 28 de marzo de 2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bovaio, Franco; Castelletti, Stefano; Ditta, Cristiano (2006). Cuore viola. Il colore della passione (en italiano). Florencia: Giunti. 
  • Grassia, Filippo; Lotito, Gianpiero (2010). Inter. Il calcio siamo noi (en italiano). Sperling & Kupfer. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]