Carlo Tagnin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tagnin
Información persoal
Nome Carlo Tagnin
Nacemento 18 de novembro de 1932
Lugar de nacemento Alessandria
Falecemento 13 de marzo de 2000
Lugar de falecemento Alessandria
Altura 1,75 m.
Posición centrocampista
Carreira xuvenil
1948–1951 Torino
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1952–1954 Torino 7 (0)
1952–1953 Alessandria 31 (10)
1954–1957 Monza 78 (3)
1957–1958 Alessandria 29 (3)
1958–1959 Lazio 29 (1)
1959–1961 Bari 64 (5)
1962–1965 Inter de Milán 36 (1)
1965–1966 Alessandria 28 (0)
Adestrador
1972–1973 Albese
1973–1974 Savona
1975–1983 Inter de Milán (xuv.)
1983–1985 Alessandria (xuv.)
1985–1986 Alessandria
Na rede
UEFA: 75527 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Carlo Tagnin, nado en Valle San Bartolomeo, Alessandria, o 18 de novembro de 1932 e finado en Alessandria o 13 de marzo de 2000, foi un futbolista e adestrador italiano, que xogaba como centrocampista. Xogou en varios equipos italianos e destacou especialmente no célebre Inter de Milán de Helenio Herrera, co que gañou tres títulos da Serie A, dúas Copas de Europa e unha Copa Intercontinental.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Formouse como futbolista na canteira do Torino, aínda que debutou profesionalmente nas filas do Alessandria da súa cidade natal, na Serie C, club ao que foi cedido durante a tempada 1952/53 e co que ascendeu á Serie B. Ao ano seguinte volveu ao Torino, co que debutou na Serie A o 13 de setembro de 1953 nun empate 1-1 ante a Sampdoria.

En 1954 pasou ao Monza, co que xogou tres anos na Serie B, regresando brevemente ao Alessandria para a tempada 1957/58 da Serie A. En 1958 fichou pola Lazio, coa que gañou ese mesmo ano a Copa de Italia, sendo titular na final contra a Fiorentina, á que derrotaron por 1-0 no Stadio Olimpico, cun tanto de Maurilio Prini.[2]

Entre 1959 e 1961 xogou no Bari, sendo posteriormente suspendido durante dúas tempadas e media tras ser acusado de estar implicado nun escándalo de apostas. A súa condena foi posteriormente reducida a un ano, e en 1962 fichou polo Inter de Milán, club co que acadou os seus maiores éxitos como futbolista, e no que xogou ata 1965.

Alí formou parte do Grande Inter de Helenio Herrera, co que gañou dúas ligas, dúas Copas de Europa e unha Copa Intercontinental. Foi titular na primeira das finais europeas, en 1964 contra o Real Madrid no Praterstadion de Viena, onde demostrou as súas excelentes habilidades de marcación ante o xogador estrela do club español, Alfredo Di Stéfano. Disputou un total de 56 partidos co Inter (36 deles na Serie A), e marcou 1 gol.[1][3]

Rematou a súa carreira en 1966, despois dunha última tempada co Alessandria na Serie B.[1][3][4]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Trala súa retirada dos campos de fútbol comezou a súa carreira como adestrador. O seu primeiro equipo foi o Albese, pasando logo polo Savona antes de regresar ao Inter, onde adestrou durante anos o equipo xuvenil. En 1985 pasou a dirixir os xuvenís do Alessandria durante dous anos, converténdose no adestrador do primeiro equipo na tempada 1985/86.[1]

morreu dun osteosarcoma o 13 de marzo de 2000, na súa Alessandria natal, aos 67 anos.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Lazio

Inter de Milán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "La Grande Inter: Carlo Tagnin (1932-2000)" (en italiano). 18 de novembro de 2012. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  2. "COPPA ITALIA 1958" (en italiano). Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 "“Ti seguirei fino al bagno”. In memoria di Carlo Tagnin e Ferruccio Mazzola" (en italiano). 8 de maio de 2013. Consultado o 19 de marzo de 2022. 
  4. "Notizie di sport". la Repubblica (en italiano). 15 de marzo de 2000. Consultado o 19 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]