Aristide Guarneri
Guarneri | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Aristide Guarneri | ||
Nacemento | 7 de marzo de 1938 | ||
Lugar de nacemento | Cremona | ||
Altura | 1,81 m. | ||
Posición | defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
Juventina | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1956–1957 | Codogno | ||
1957–1958 | Como | 32 | (0) |
1958–1967 | Inter de Milán | 268 | (3) |
1967–1968 | Bologna | 28 | (1) |
1968–1969 | Napoli | 22 | (0) |
1969–1970 | Inter de Milán | 3 | (0) |
1970–1973 | Cremonese | 8 | (0) |
Selección nacional | |||
1963–1968 | Italia | 21 | (1) |
Adestrador | |||
1982–1983 | Sant'Angelo | ||
1983–1984 | Soresinese | ||
1984–1985 | Sant'Angelo | ||
1986 | Fiorenzuola | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Aristide Guarneri, nado en Cremona o 7 de marzo de 1938, é un exfutbolista italiano, que xogaba como defensa. Formou con Armando Picchi a parella de centrais do Inter de Milán de Helenio Herrera, co que conquistou tres títulos da Serie A, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Foi internacional coa selección italiana, coa que gañou a Eurocopa de 1968.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xogador[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar na Juventina (equipo xuvenil de Cremona) e no Codogno (na Promozione),[1] pasando en 1957 ao Como, da Serie B.[2] Gañou a titularidade debido á exclusión dun compañeiro por motivos disciplinarios,[1] e o técnico arxentino Hugo Lamanna colocouno como lateral esquerdo.[3]
En 1958 fichou polo Inter, onde foi utilizado por primeira vez como defensa central polo adestrador Giulio Cappelli debido ás decepcionantes actuacións do titular Cardarelli,[1] e a proposta de Gianni Invernizzi, designado inicialmente para o posto.[1] Debutou cos nerazzurri o 10 de outubro no triunfo por 8-0 ante o SPAL, e pronto se converteu nun titular indiscutible. A partir de 1962 formou con Armando Picchi a parella defensiva de centrais do Grande Inter adestrado por Helenio Herrera.[1] Gañou tres títulos da Serie A, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais.
Deixou o Inter en 1967 para xogar unha tempada no Bologna e outra no Napoli, onde ofreceu un rendemento por baixo das expectativas. En 1969 volveu unha última tempada ao Inter, onde Heriberto Herrera substituíra a Helenio no banco, pero non atopou espazo co técnico paraguaio,[1] disputando só dous partidos da Copa de Feiras e tres ao final do campionato.
En xaneiro de 1971, a pesar de ser solicitado polo Palermo, pasou a xogar no Cremonese, da Serie D,[4] deixando o Inter tras 335 partidos e catro goles. Co equipo da súa terra obtivo o ascenso á Serie C, xogando outros dous anos como capitán na terceira categoría antes de retirarse en 1973, aos 35 anos.[4]
Selección italiana[editar | editar a fonte]
Debutou coa selección italiana o 12 de maio de 1963 nunha vitoria por 3-0 contra o Brasil campión do mundo. Xogou un total de 21 partidos coa azzurra, coa que participou no Mundial de 1966 e na Eurocopa de 1968, logrando o título nesta última. Disputou a final contra Iugoslavia, que precisou dun partido de desempate. Anotou o seu único gol internacional en 1966, nun amigable contra a URSS, onde lle marcou ao histórico gardameta Lev Iashin.[3][1]
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Trala súa retirada pasou a ser adestrador do equipo xuvenil do Cremonese, co que gañou o campionato de Serie C xuvenil en 1974.[1] Máis tarde foi segundo adestrador de Giancarlo Danova no Sant'Angelo e no Parma e adestrou a Fiorenzuola, na Interregionale, e a Viadana e a Soresinese en competicións de afeccionados.[1] Na tempada 1991/92 foi segundo adestrador do coruñés Luis Suárez no banco do Inter, trala destitución de Corrado Orrico.[1]
Trala súa experiencia como adestrador, realizou diversas funcións no Inter de Milán, entre elas a de observador na procura de novos talentos para o club.[5]
Características técnicas[editar | editar a fonte]
Comezou a súa carreira xogando como lateral,[3] pasando logo ao posto de defensa central, papel no que prefería o xogo da anticipación ás intervencións sobre o rival.[1] Non foi nunca expulsado na súa carreira, polo que era alcumado lo stopper gentiluomo ("o central cabaleiro").[3]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Inter de Milán
- Serie A (3): 1962/63, 1964/65, 1965/66.
- Copa de Europa (2): 1963/64, 1964/65.
- Copa Intercontinental (2): 1964, 1965.
- Selección italiana
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 "Guarneri, stopper e gentiluomo". La Provincia (en italiano). 17 de xaneiro de 2001. p. 39.
- ↑ Mura, Gianni (3 de febreiro de 2014). "Aristide Guarneri, lo stopper gentiluomo che fece gol a Jascin: "La mia vita con il mago"". la Repubblica (en italiano). Consultado o 15 de marzo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Guarneri, dal Como all'Italia campione d'Europa". Il Corriere di Como (en italiano). 12 de xuño de 2012.
- ↑ 4,0 4,1 Everet & Fontanelli 2005, p. 259.
- ↑ Monti, Fabio (31 de xullo de 2006). "Aristide Guarneri: vive nel centro di Cremona E va a caccia di nuovi campioni per l' Inter". Corriere della Sera (en italiano). p. 8. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2015. Consultado o 15 de marzo de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Everet, Alexandro; Fontanelli, Carlo (2005). Unione Sportiva Cremonese - Oltre un secolo di storia (en italiano). Geo Edizioni.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en Transfermarkt (en inglés).
- Datos do xogador en worldfootball.net (en inglés).
- Datos do xogador en eu-football.info (en inglés).
- Nados na provincia de Cremona
- Nados en 1938
- Futbolistas de Italia
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Calcio Como 1907
- Xogadores do Inter de Milán
- Xogadores do Bologna FC 1909
- Xogadores do SSC Napoli
- Xogadores do US Cremonese
- Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA
- Xogadores da selección de fútbol de Italia
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 1966
- Futbolistas gañadores da Eurocopa
- Adestradores de fútbol de Italia