Celtic F.C.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celtic
Celtic players.jpg
Nome Celtic Football Club
Alcume(s) The Bhoys
Fundación 25 de maio de 1888 (129 anos)
Estadio Celtic Park,
Glasgow, Escocia
Inauguración 20 de agosto de 1892
Capacidade 60.832
Presidente Escocia Ian Bankier
Adestrador Neil Lennon
Liga Scottish Premier League
2012–13
Vestimenta Logo NIKE.svg Nike
Patrocinador Tennent's
Páxina web Páxina web
Na casa
Fóra

O Celtic Football Club é un club de fútbol escocés da zona de Parkhead, en Glasgow, que actualmente compite na Scottish Premier League. Fundouse en 1887 e disputou o seu primeiro partido en 1888. Desde a súa fundación, o Celtic conseguiu 42 títulos de liga –só superado polo Rangers FC– e 35 copas escocesas –máis que ningún outro club escocés. O club disputa os seus partidos como local no Celtic Park, o estadio con maior capacidade do fútbol escocés, que alberga 60.832 espectadores sentados.

Historia[editar | editar a fonte]

É moi sonada a grande rivalidade que o Celtic ten co Rangers dende 1888 (ano do nacemento do Celtic). É o derbi por excelencia de Escocia e pode que do mundo posto que o mesmo Sir Alex Ferguson (que xa leva visto moito fútbol na súa vida) fala na súa autobiografía de que endexamais vira nun enfrontamento de rivalidade unha atmosfera e unha paixón semellantes ás que se poden vivir nos encontros entre Celtic e Rangers. De feito, dicía que nin nos derbis que vira en España, Italia, Inglaterra... tivera visto nada que se lle achegase. E tamén boa conta disto pode dála o futbolista ferrolán do Rangers Nacho Novo que recoñeceu nunha entrevista concedida a un xornal deportivo que aquilo era impresionante e que se algún compañeiro lle quería dicir algo, como estivese a 3 ou 4 metros xa non oía o que lle quería comentar. Tanto esta rivalidade, por intres da historia esaxerada, coma cando se fai referencia a ambolos dous clubs se fala do Old Firm.

O equipo xoga os seus partidos coma conxunto local no Celtic Park tamén coñecido coma Parkhead por estar chantado nesa avenida e coma The Paradise ou simplemente Paradise grazas ós boísimos momentos que alí puideron pasar moitos siareiros. O estadio ten unha capacidade de 60.832 prazas todas elas de sentar sendo o estadio con meirande capacidade da Escocia e o segundo do Reino Unido en canto a clubs se refire.

Abofé que o fito por excelencia do club foi a proclamación do mesmo coma campión de Europa no 1967 trala vitoria acadada cun xogo de reis sobre o Inter de Milán por 2-1 en Lisboa. E velaquí a explicación de que tódolos xogadores que artellaban o plantel recibiran a denominación de Lisbon Lions. Cómpre salientar tamén ó falar deles que, hogano, inda segue a se-lo único club de Europa que foi quen de gaña-la máxima competición continental botando man tan só de xente do país da orixe do equipo. E é máis, os xogadores tiveran nacido todos eles nun radio de 30 millas (algo máis de 55 quilómetros) con respecto á casa do club, Celtic Park.

O Celtic tamén é coñecido coma o equipo dos católicos, estando formada a súa afección principalmente pola minoría católica de Escocia, polos norirlandeses católicos e polos irlandeses. Tamén ten importantes núcleos de seguidores en Australia, Estados Unidos ou Inglaterra, e aínda noutros países anglosaxóns coma o Canadá ou Nova Zelandia alén de moitos milleiros máis de afecionados do equipo que están espallados polo resto do mundo.

O estadio adoita estar cheo en cada partido e nas últimas tempadas as estatísticas indican unha asistencia media ó terreo de xogo de arredor dunhas 57.000-58.000 persoas; cifras tan só rebasadas polos seguidores do Manchester United a nivel británico.

Uniforme[editar | editar a fonte]

O primeiro equipamento do equipo é a de camisola con franxas horizontais verdes e brancas, pantalonciño cor branca e medias brancas inda que hai que dicir ó respecto que houbo ó longo da historia do club diversas tempadas nas que as medias eran, á imaxe da camisola, con franxas verdes e brancas. En canto ó segundo equipamento hai que salientar que foi mudando ó longo dos anos pero por pór un exemplo a da tempada 2005-2006 era completamente verde.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Datos do 1 de febreiro de 2012.[1]
Posto País Xogador
1 GK Inglaterra Fraser Forster
2 DF Gales Adam Matthews
3 DF Flag of Honduras.svg Emilio Izaguirre
4 MF Flag of Mexico.svg Efraín Juárez
5 DF Flag of Sweden.svg Daniel Majstorović
6 DF Inglaterra Kelvin Wilson
8 MF Escocia Scott Brown Captain sports.svg
9 FW Grecia Georgios Samaras
10 FW Flag of Ireland.svg Anthony Stokes
11 DF Flag of South Korea.svg Cha Du-Ri
12 DF Escocia Mark Wilson
14 FW Flag of Sierra Leone.svg Mohamed Bangura
15 MF Escocia Kris Commons
16 MF Gales Joe Ledley
17 FW Polonia Paweł Brożek
18 MF Flag of South Korea.svg Ki Sung-Yueng
19 FW Dinamarca Morten Rasmussen
Posto País Xogador
20 MF Flag of the United Kingdom.svg Paddy McCourt
21 DF Escocia Charlie Mulgrew
22 DF Flag of the Netherlands.svg Glenn Loovens
23 DF Flag of Sweden.svg Mikael Lustig
24 GK Polonia Łukasz Załuska
25 DF Flag of Norway.svg Thomas Rogne
33 MF Flag of Israel.svg Beram Kayal
39 DF Inglaterra Andre Blackman
40 MF Flag of Nigeria.svg Rabiu Ibrahim
44 DF Escocia Marcus Fraser
46 MF Escocia Dylan McGeouch
47 GK Flag of the United States.svg Dominic Cervi
49 FW Escocia James Forrest
56 MF República Checa Filip Twardzik
58 MF República Checa Patrik Twardzik
67 MF Kenya Victor Wanyama
88 FW Inglaterra Gary Hooper

Xogadores famosos[editar | editar a fonte]

  • Xogadores importantes: Roy Aitken, Bertie Auld, Tommy Burns, Dennis Connaghan, Pat Crerand, Kenny Dalglish, Patsy Gallacher, Tommy Gemmell, John Hartson, David Hay, Harry Hood, Jimmy Johnstone, Paul Lambert, Henrik Larsson, Neil Lennon, Bobby Lennox, Lou Macari, Willie Maley, Danny McGrain, Jimmy McGrory, Billy McNeill (Caesar), Paul McStay, Charlie Nicholas, Ronnie Simpson, Jock Stein, Chris Sutton, John Thomson (morto nun partido entre Celtic e Rangers), Charlie Tully, Stilian 'Stan' Petrov, Roy Keane, Aiden McGeady.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos internacionais[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]