Mantova 1911

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mantova
NomeMantova 1911 Società a Responsabilità Limitata
Alcume(s)Virgiliani, Biancorossi, Biancobandati
Fundación1911
EstadioDanilo Martelli
Mantua, Italia
Inauguración1949
Capacidade14,884
PresidenteItalia Maurizio Setti
AdestradorItalia Nicola Corrent
LigaSerie C
2021/2215º
Na rede
http://www.acmantova.it/ e https://www.mantova1911.club
Titular
Alternativo
Terceiro

O Mantova 1911 Società a Responsabilità Limitata (Mantova 1911 srl), coñecido simplemente como Mantova, é un club de fútbol italiano con sede en Mantua, que milita na Serie C italiana. Refundado varias veces ao longo da súa historia, disputou sete tempadas na Serie A nas décadas de 1960 e 1970.

Historia[editar | editar a fonte]

O Mantova foi fundado en 1911 e xogou durante anos na Prima Divisione. Coa reorganización do fútbol italiano nos anos 30, foi incluído na nova Serie C. Trala Segunda guerra mundial ascendeu e descendeu varias veces entre a Serie B e a IV Serie, ata que na campaña 1960/61 conseguiu o primeiro ascenso á Serie A da súa historia.[1]

Disputou un total de sete campañas na máxima categoría do fútbol italiano durante os seguintes anos, interrompidos por dous descensos intermedios á Serie B.

A tempada 1971/72 foi a derradeira do club na Serie A.

Dende entón o Mantova desapareceu catro veces do panorama futbolístico italiano, en 1983, 1994, 2010 e 2017, todas por insolvencia, sendo refundado outras tantas veces.[2]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Italy 1970/71". rsssf.org (en inglés). Consultado o 6 de setembro de 2022. 
  2. "Padova-Mantova, le curiosità sull’avversaria di turno: il “piccolo Brasile”, i tre fallimenti e gli scontri di Piovene Rocchette…". padovagoal.it (en italiano). Consultado o 6 de setembro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]