Serie D

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Serie D
Current sport.svg Serie D 2019/20
Fundación
1948
País
Italia Italia (Europa)
Ascenso
Lega Pro Seconda Divisione
Descenso
Eccellenza
Nº equipos
166
Copa
Scudetto Dilettanti
Campión (2008/09)
FC Pro Vasto
Web Oficial
www.interregionale.com

A Serie D é a cuarta categoría do fútbol en Italia, detrás da Serie A, a Serie B e a Serie C.

A liga regular da Serie D comeza normalmente en setembro e remata en maio ou xuño, xogando 34, 36 ou 38 partidos dependendo do grupo e está composto por 166 equipos en 9 grupos.

Grupos[editar | editar a fonte]

Ascenso[editar | editar a fonte]

O primeiro de cada grupo ascende á Serie C2, 9 equipos en total.

Normalmente algún equipo dunha división superior adoita ter problemas financeiros e xeralmente hai máis ascensos para ocupar as prazas da Serie C2. Estas prazas ocúpanas os equipos gañadores dos playoff.

Descenso[editar | editar a fonte]

Descenden á Eccellenza (6º nivel) catro equipos por grupo, descendendo os dous últimos clasificados directamente (17º e 18º), mentres que os equipos clasificados nos postos 13º ao 16º xogan unha eliminatoria (13 contra 16, contra 14 e 15). Os perdedores da eliminatoria perden a categoría, en total 36 equipos.