Ehrenfried Schenkel
Nome orixinal | Ehrenfried Schenkel-Haas |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de maio de 1869 Basilea |
Morte | 1953 |
País de nacionalidade | suíza |
Educación | Universidade de Basilea |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, aracnólogo, conservador de museo, profesor de secundaria |
Empregador | Museu de História Natural de Basileia (pt) Universidade de Basilea |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Schenkel |
Ehrenfried Schenkel, tamén coñecido como Ehrenfried Schenkel-Haas, nado en Basilea o 10 de maio de 1869 e finado en 1953, foi un zoólogo suízo especializado en aracnoloxía.
Así mesmo, tamén fixo importantes achegas á herpetoloxía.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nado en Basilea o 10 de maio de 1869, obtivo a cátedra de Historia Natural na Universidade desta cidade en 1892.[1]
Entre 1890 e 1902 foi conservador no Museo de Historia Natual de Basilea. Alí relacionose co herpetólogo Fritz Müller, e tivo a oportunidade de estudar réptiles, e tamén peixes e crustáceos, pero principalmente centrou a súa atención nos arácnidos aos que posteriormente dedicou todo o seu tempo libre.[1]
En 1902 abandonou o seu cargo de conservador para estudar Química, pero a química non lle acabou de satisfacer e dedicouse ao ensino nunha escola secundaria de Basilea desde 1909 a 1935.[1]
Os seus estudos centráronse na fauna aracnolóxica de Suíza, o Tesino, de Alemaña, do Ártico (Illas Feroe, Laponia, Escandinavia), da China, da Península Ibérica, e das illas Canarias, Madeira e Azores.[1]
Taxóns descritos
[editar | editar a fonte]Schenkel foi o descritor, entre outras, as seguintes especies:
- Gallotia stehlini, lacértido endémico de Gran Canaria.
- Mesalina bernoullii, lacértido endémico do Oriente Medio.
(Ver a lista completa das especies descitas por este autor).[2]
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- "Schwedisch-chinesische wissenschaftliche Expedition nach den nordwestlichen Provinzen Chinas, unter Leitung von Dr Sven Hedin und Prof. Sü Ping-chang. Araneae gesammelt vom schwedischen Artz der Exped". Arkiv för Zoologi. 29 (A1): 1-314, 1936.
- "Beitrag zur Spinnenkunde". Revue Suisse de Zoologie 46 (3): 95-114. Texto completo en (PDF), 1953.
- "Bericht über einige Spinnentiere aus Venezuela". Verhandlungen der Naturforschenden Gesellschaft in Basel 64: 1-57, 1953.
- "Chinesische Arachnoidea aus dem Museum Hoangho-Peiho in Tientsin". Boletim do Museu Nacional do Rio de Janeiro (N. S., Zool.) '119: 1-108, 1953
- "Ostasiatische Spinnen aus dem Muséum d‘Histoire naturelle de Paris". Mémoires du Muséum National d’Histoire Naturelle de Paris (Série A – Zoologie) 25 (2): 1-481, 1963.
(Ver relación comleta das súas poblicacións na biografía do GIA).[1]
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Schenkel emprégase para recoñecer a Ehrenfried Schenkel como autoridade na decrcición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ehrenfried Schenkel |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ehrenfried Schenkel (also Schenkel-Haas)Arquivado 30 de decembro de 2019 en Wayback Machine.. Biografía (con fotografía do autor). Universidade Federal do Rio de Janeiro (en francés).