Saltar ao contido

Franco Zeffirelli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFranco Zeffirelli

(2008) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(it) Gian Franco Corsi Zeffirelli Editar o valor en Wikidata
12 de febreiro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Florencia Editar o valor en Wikidata
Morte15 de xuño de 2019 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Roma Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCimitero delle Porte Sante (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Senador de Italia
21 de abril de 1996 – 29 de maio de 2001
Lexislatura: 13th Legislature of Italy (en) Traducir

Circunscrición electoral: Catania
Senador de Italia
27 de marzo de 1994 – 8 de maio de 1996
Lexislatura: 12th Legislature of Italy (en) Traducir

Circunscrición electoral: Catania
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesFranco Zeffirelli Editar o valor en Wikidata
ResidenciaRoma Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Florencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección teatral e dirección de cine Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Roma
Italia Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndirector teatral, libretista, produtor de televisión, realizador, director de ópera, actor, político, produtor de cinema, director de cinema, guionista, deseñador de teatro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1950 Editar o valor en Wikidata - 1999 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoForça Itália (pt) Traducir
Democracia Cristiá Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios

Descrito pola fonteBiblioteca dixital BEIC Editar o valor en Wikidata
Sitio webfrancozeffirelli.it Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0001874 Allocine: 799 Rottentomatoes: celebrity/franco_zeffirelli Allmovie: p117884 IBDB: 16572
Enciclopedia Galega Universal: 200382 BNE: XX1724276 Dialnet: 1636535 Musicbrainz: 3f66897d-f3e7-43d1-b48d-2e67f083ac43 Discogs: 883345 WikiTree: Zeffirelli-1 Editar o valor en Wikidata

Gianfranco Zeffirelli, nado en Florencia o 12 de febreiro de 1923 e finado en Roma o 15 de xuño de 2019,[1] foi un director e produtor de cinema e ópera italiano. Foi tamén senador (1994–2001) polo partido Forza Italia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zeffirelli naceu nos arredores de Florencia, froito da relación entre a deseñadora de moda Alaide Garosi e o repartidor de la e seda Ottorino Corsi. Como ambos os dous estaban casados, Alaide non puido empregar nin o seu apelido nin o de Corsi para o seu fillo. Finalmente escolleu "Zeffiretti", que son as “pequenas brisas” mencionadas na ópera de Mozart Idomeneo, mais foi mal deletreado no rexistro e converteuse en Zeffirelli.[2] Cando tiña seis anos morreu a súa nai e foi criado por unha comunidade de ingleses expatriados e viuse envolto particularmente co grupo Scorpioni, que inspirou o filme semiautobiográfico Tea with Mussolini (1999).

Graduouse na Accademia di Belle Arti Firenze en 1941 e por consello do seu pai entrou na Universidade de Florencia para estudar arte e arquitectura.[3] Tralo inicio da segunda guerra mundial loitou como partisano antes de reunirse cos soldados británicos e converterse no seu intérprete. Trala guerra volveu á universidade para continuar os seus estudos, mais tras ver Henry V de Laurence Olivier en 1945 a súa atención pasou ao teatro.

Mentres traballaba como pintor de escena en Florencia, coñeceu e foi contratado por Luchino Visconti, que o converteu en axudante de director de La Terra trema, estreado en 1948. Os métodos de Visconti tiveron un fondo impacto no traballo posterior de Zeffirelli.[4] Traballou tamén con Vittorio De Sica e Roberto Rossellini. Na década de 1960 fíxose un nome deseñando e dirixindo as súas propias obras en Londres e Nova York e axiña traspasou as súas ideas ao cinema.

O seu primeiro filme foi A muller indomable (1967), orixinariamente pensado para Sophia Loren e Marcello Mastroianni mais finalmente protagonizado polas estrelas de Hollywood Elizabeth Taylor e Richard Burton, que axudaron á produción e recibiron unha porcentaxe dos beneficios en lugar do seu salario normal. Mentres montaba o filme, Florencia sufriu unha gravísima inundación. Un mes máis tarde Zeffirelli estreou a curtametraxe Florence: Days of Destruction, para acadar fondos para recuperarse do desastre.[5]

O grande éxito de Zeffirelli chegou o ano seguinte cando presentou dous adolescentes como protagonistas de Romeo and Juliet (1968). O filme volveuse moi popular e ningún traballo posterior tivo o mesmo impacto.

Tralas dúas adaptacións de Shakespeare pasou ao cinema de temas relixiosos con Brother Sun, Sister Moon (1972), sobre a vida de Francisco de Asís e a miniserie Jesus of Nazareth (1977), que supuxo un éxito e foi emitida frecuentemente na televisión nos anos posteriores.

Despois de dous filmes contemporáneos, na década de 1980 dirixiu adaptacións de óperas á pantalla, con estrelas como Plácido Domingo, Teresa Stratas, Juan Pons e Katia Ricciarelli. Volveu a Shakespeare con Hamlet (1990), co entón heroe de acción Mel Gibson como protagonista.

Desde a década de 1950 Zeffirelli dirixiu óperas en Europa e nos Estados Unidos.

En 1996 fixo pública a súa homosexualidade, mais preferiu ser discreto sobre a súa vida privada.[6]

Filmografía seleccionada

[editar | editar a fonte]
  1. Redazione (15 de xuño de 2019). "Lutto nel mondo del cinema: morto Franco Zeffirelli". Notizie Oggi 24 (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2019. Consultado o 15 de xuño de 2019.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2019. Consultado o 11 de outubro de 2015.
  3. Donadio, Rachel (18 de agosto de 2009). "Maestro Still Runs the Show, Grandly". The New York Times. Consultado o 18 de agosto de 2009.
  4. "Franco Zeffirelli Biography". Yahoo! Movies. Consultado o 18 de agosto de 2009.
  5. "Burton Hosts Flood Special on Channel 33". Gettysburg Times. 31 de decembro de 1966. Consultado o 29 de decembro de 2012.
  6. McMahon, Barbara (21 de novembro de 2006). "Zeffirelli tells all about priest's sexual assault". The Guardian.
  7. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 "Franco Zeffirelli Filmography". Allmovie. Consultado o 2009-08-18.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]