Francesco Totti

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francesco Totti
Totti xogando co Roma en 2013
Información persoal
Nome Francesco Totti
Nacemento 27 de setembro de 1976 (47 anos)
Lugar de nacemento Roma
Altura 1,80 m.
Posición Dianteiro / Centrocampista
Información de club
Club actual Roma
Número 10
Carreira xuvenil
1984 Fortitudo
1984–1986 Smit Trastevere
1986–1989 Lodigiani
1989–1992 Roma
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1992– Roma 551 (232)
Selección nacional
1992 Italia sub-15 6 (3)
1991–1992 Italia sub-16 13 (2)
1993–1995 Italia sub-18 14 (7)
1995–1997 Italia sub-21 8 (4)
1997 Italia sub-23 4 (2)
1998–2006 Italia 58 (9)
Na rede
https://www.francescototti.com/
IMDB: nm2105399 Facebook: FrancescoTottiOfficial Twitter: Totti Instagram: francescototti Youtube: UCWgJaKOLi9Il6WKhu-Xuotw Musicbrainz: 2ab10659-bd2b-4aa3-8e6e-cd8d774fcb1d Discogs: 2019958 FIFA: 165247 UEFA: 15895 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de febreiro de 2014.
editar datos en Wikidata ]

Francesco Totti, nado en Roma o 27 de setembro de 1976, é un exfutbolista italiano. Xogaba de dianteiro no AS Roma, equipo no que militou en toda a súa carreira profesional, retirándose o 17 de xullo de 2017.

Vida privada[editar | editar a fonte]

Francesco Totti está casado coa modelo italiana Ilary Blasi,[1] coa cal casou o 19 de xaneiro de 2005. A súa voda foi transmitida en vivo pola canle de televisión SKY TG24 e foi vista por máis dun millón de televidentes.[2] Ten dous fillos: Cristian, nado o 6 de novembro de 2005, e Chanel, nada o 13 de maio de 2007.

Dirixe unha escola de fútbol para cativos chamada «Número Dez»,[3] tamén posúe un equipo de motociclismo denominado «Totti Top Sport».

É embaixador do Fondo de Nacións Unidas para a Infancia,[4] publicou dous libros de chistes, co obxectivo de recadar cartos para obras benéficas. Algunhas das bromas foron filmadas tendo a Totti como protagonista xunto a outros futbolistas, como Alessandro Del Piero, Gianluigi Buffon, Christian Vieri, Antonio Cassano, Marco Delvecchio, Alessandro Nesta e o técnico Giovanni Trapattoni.

Colecciona camisetas de equipos de todo o mundo en diferentes disciplinas deportivas.[5] No ano 2003, despois do encontro entre Italia e Irlanda no Torneo das Seis Nacións de rugby, os xogadores irlandeses Brian O'Driscoll e Denis Hickie recibiron unha camiseta de Totti a cambio das súas. No 2004 apareceu na portada do videoxogo Pro Evolution Soccer 4 xunto con Thierry Henry e Pierluigi Collina.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ilary Blasi, la esposa de Totti, una diosa de toda la cancha". Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2010. Consultado o 01 de outubro de 2010. 
  2. "Biografia di Francesco Totti - Curiosità". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2007. Consultado o 01 de outubro de 2010. 
  3. "Vida fuera del fútbol". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2011. Consultado o 01 de outubro de 2010. 
  4. "Francesco Totti, amigo de UNICEF y gran figura del fútbol italiano". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2014. Consultado o 01 de outubro de 2010. 
  5. "Additional information". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2010. Consultado o 01 de outubro de 2010. 
  6. "Konami Sign Henry, Totti and Collina New". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 01 de outubro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]